31 - 10 - 2006
[31/10/2006]/O primeiro equipo desprazaráse este mércores a Gondomar para disputar un partido amistoso ante o conxunto local a partir das 17.00 horas. O choque forma parte da preparación do conxunto granate de cara ao derbi do vindeiro domingo ante o Clube Deportivo Ourense. O técnico do cadro granate, Alberto Argibay, desprazará á citada localidade pontevedresa a tódolos seus xogadore [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/10/2006]/O Pontevedra confirmou onte que o derbi deste domingo contra o Ourense disputaráse ás doce da mañá, un horario que en principio manteráse durante todo o mes de novembro porque as torretas de iluminación de Pasarón están a medio construir e sería un risco xogar os encontros pola tarde pola posible escasez de luz. Os afeccionados que queiran asistir a este duelo terán que pa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
30 - 10 - 2006
[30/10/2006]/O Pontevedra saíu derrotado pola mínima ante o Universidade das Palmas (1-0) nun encontro igualado onde os visitantes realizaron uns bos 45 minutos mentras que baixaron o nivel tralo descanso e nada puideron facer para remontar un marcador que, xa reanudada a segunda metade, se lles puxo en contra.
O conxunto galego demostrou ser o mellor equipo que pasou polo campo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/10/2006]/O resultado, como é lóxico, non lle deixou un bo sabor de boca a Alberto Argibay. O técnico defendeu na rolda de prensa posterior ao encontro que o Pontevedra fixérase acreedor cando menos a un reparto de puntos. A balanza desequilibrouse nunha xogada a balón parado e iso non lle gustou nada porque os xogadores granates ensaiaron a defensa dese tipo de accións ao longo de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/10/2006]/Aínda que o Pontevedra segue estando no grupo de cabeza, mo preto dos postos de promoción de ascenso, a derrota de onte no campo do Universidade fíxolle retroceder un posto máis, caendo á sexta praza.
A victoria do Raio Vallecano fronte ao Lugo no Teresa Rivero aínda que apurada (1-0) serviulle ao conxunto madrileño para colocarse na zona de privilexio tras superar a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 10 - 2006
[28/10/2006]/Universidade e Pontevedra disputarán este domingo o encontro máis interesante da xornada 10 do grupo I da Segunda División B. O mellor local contra o mellor visitante, só separados por tres puntos na táboa clasificatoria, afrontan este duelo coa intención de redimirse dos seus respectivos tropezos na anterior xornada. O Pontevedra tería asegurada de novo a súa presencia no [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/10/2006]/Alberto Argibay viaxará este sábado con dezaseis xogadores ata terras insulares para afrontar o encontro contra o Universidade. A expedición granate, que partirá dende o aeroporto de Peinador, esta formada por Bonis, Saizar, Asier Ormazábal, Luciano, Baggio, Dumast, Vázquez, Azparren, Filipe Machado, Nasser, Fran Rico, Víctor Ormazábal, Rubén Reyes, Charles, Yuri e Igor. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/10/2006]/Tino Luis Cabrera, técnico do Universidade das Palmas, asegurou que o seu equipo "nunca tivo dous partidos malos" polo que confía en que este domingo, ante o Pontevedra, poidan reparar cun triunfo o tropezo sufrido a semana pasada en Vigo fronte ao Celta B (1-0).
"Será un dos mellores encontros que se poden ver na categoría polo cartel do Pontevedra e tamén polo noso [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 10 - 2006
[27/10/2006]/A primeira media hora do Universidade-Pontevedra podería ser determinante. Alberto Argibay anúnciao, perfila o seu once, baralla opcións para o centro do campo e reivindica a capacidade do equipo para gañarlle a calqueira e en calqueira punto da península e as Illas. O técnico comeza polo principio: o do seu discurso e o do encontro. Os primeiros trinta minutos son vitais [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/10/2006]/Alberto Argibay desvelou no adestramento de onte na Xunqueira que Dumast é o xogador que máis posibilidades ten de cubrir a vacante que deixaron entre Humberto Soares e Organista no centro do campo para o partido do domingo contra o Universidade das Palmas en Gran Canaria.
Aínda que o técnico traballou tamén con Rubén Reyes na zona ancha, a súa especial predilección [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/10/2006]/O dianteiro brasileño do Pontevedra Tiago Belmonte segue á marxe do grupo coa súa doenza no xeonllo. O futbolista agarda poder traballar co colectivo dentro dunha semana. A baixa produciuse fronte ao Talavera na terceira xornada de liga.
Mentras tanto, o resto do plantel segue coas sesións de traballo. O último adestramento do conxunto granate antes de saír cara Cana [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 10 - 2006
[26/10/2006]/Volta ás Canarias, á hora menos, ao vento, á superficie sintética e á bota de taco curto. Volta ao de sempre, á cancha dun equipo que durante os últimos anos acostumouse a dominar o grupo primeiro da División de Bronce do fútbol español dende a primeira xornada.
O Pontevedra regresa ao Alfonso Silva, campo no que non puntúa dende a tempada 2002-2003. Naquela ocasión, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/10/2006]/É, quizáis, o gran culpable do crecemento do flamante líder do grupo primeiro da Segunda División B. Tino Luis Cabrera manténse á fronte do banquiño insular. É consciente de que as cousas marchan ben e de que a engranaxe insular funciona á perfección.
Á fronte da clasificación con 21 puntos no casilleiro, o Universidade prepárase para recibir a un Pontevedra ferido t [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 10 - 2006
[25/10/2006]/Alberto Argibay non poderá contar con Sergio Organista para o encontro do domingo contra o Universidade. O xuíz único de competición non atendeu ás alegacións enviadas polo clube granate e o mediocentro luso convírtese deste xeito na terceira baixa segura para o encontro do domingo nas illas, xa que Tiago e Humberto tampouco poderán estar a disposición do técnico pontevedr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/10/2006]/O plantel de xogadores do Pontevedra Clube de Fútbol levou a cabo esta mañá o primeiro adestramento sobre céspede sintético. Os futbolistas granates traballaron por un espazo de dúas horas no campo de herba sintética da Xunqueira, que non estaba nas mellores condicións debido ás fortes chuvias que caíron sobre a cidade nos últimos días. Alberto Argibay preparou fundamental [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/10/2006]/Canarios, madrileños e galegos están conseguindo marcar diferencias co resto dos equipos que conforman os catro grupos da Segunda B. O Universidade das Palmas é o líder da categoría cun punto máis ca o Barakaldo, quen parece irrumpir de novo con forza despois de estar alonxado das fases de ascenso dende a campaña 2002-03, na que coincidiu co Cidade de Murcia, Castellón e P [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 10 - 2006
[24/10/2006]/O cerrollo francés abriuse 475 minutos despois. Nicolás Bonis puxo moi alto o listón. Superou o record da mellor actuación dun gardamallas do Pontevedra no século XXI. Catro encontros completos sen verse superado, 40 minutos máis doutro e os 75 minutos fronte ao Lanzarote convirten ao arqueiro galo no máis efectivo que tivo o clube nos últimos tempos. Os 475 minutos de Bon [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/10/2006]/O vindeiro día 1 de novembro o Pontevedra desprazaráse a Gondomar para enfrontarse ao conxunto local nun partido amigable que dará comezo ás cinco da tarde. Prevese que Argibay o aproveite para que participen os xogadores que menos minutos están participando na Liga.

Dúas sesións en herba sintética.- A plantilla granate disfrutará hoxe de sesión de desc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/10/2006]/O Pontevedra parece condenado a fallar nos momentos decisivos. Despois de quedar fóra de combate co Raio Vallecano na Copa do Rei e co Lugo na Copa Xunta, os granates dispuxeron ontronte dunha magnífica oportunidade para desbancar ao Universidade do liderato.
A sorprendente derrota dos de Tino Luis Cabrera en Barreiro na matinal do domingo, deixaba aos granates vía l [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/10/2006]/O centrocampista Humberto Soares perderáse o partido do domingo nas Palmas ao dispoñer de permiso do clube para viaxar a Brasil para solucionar uns asuntos personais e á vez esperar o nacemento do seu fillo. Segundo unha nota do clube granate, a data do parto está prevista para mañá mércores. Ao xogador se lle espera a comezos da vindeira semana, para que poida actuar no d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 10 - 2006
[23/10/2006]/O pechacancelas Lanzarote devolveu ao Pontevedra á realidade. Logo de catro vitorias seguidas, as tres últimas ante equipos filiais, o pechacancelas Lanzarote (1-1) pechoulle o paso cara ao duelo polo liderado da vindeira xornada co Universidade das Palmas. A expulsión de Organista por vermella directa cando o centrocampista portugués levaba só 19 minutos no campo aproveit [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/10/2006]/Alberto Argibay estaba moi satisfeito coa actitude amosada polos seus xogadores ante o Lanzarote. «O equipo xogou moito mellor ca o rival, tivo boa actitude e por momentos un bo nivel de xogo, aínda que estivo condicionado polo estado do terreo de xogo que limitaba a circulación do balón», comentou o preparador granate, quen culpou ao árbitro do empate.
«O que ocorre [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/10/2006]/Charles tamén cargou contra a figura do colexiado. «Intentámolo todo, pero a herba e o tempo non axudaron moito. Os meus compañeiros e máis eu loitamos moito e a afección tamén empurrou, pero non o conseguimos. A mín non me gusta falar dos árbitros, pero foi unha vergoña. En Pasarón non pode pasar isto», apuntou o brasileño.
Sobre o Lanzarote afirmou que comportouse [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/10/2006]/Paco Gutiérrez non ocultou a súa ledicia por ter sacado un punto en Pasarón. «Polo que fixemos na primeira metade merecíamos máis. O Pontevedra só tivo unha ocasión e nós tres de Meca. Dúas marcháronse fóra, pero se fosemos un equipo de metade de táboa cara arriba algunha entraría», defendeu o técnico do Lanzarote.
«O Pontevedra arrollounos nos primeiros 25 minutos d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 10 - 2006
[22/10/2006]/Pontevedra e Lanzarote empataron esta tarde a un tanto nun encontro marcado polo estado de céspede e pola expulsión de Organista mediada a segunda metade cando, o conxunto granate vencia pola mínima. Foi o Pontevedra o que levou o peso do partido e o que disfrutou das mellores ocasións. A oportunidade máis clara chegaría mediada a primeira metade, cando Charles, nun mán a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/10/2006]/Acabáronse os partidos contra xuveniles. O Pontevedra, tralos seus tres enfrontamentos cos filiais do Atlético de Madrid, Celta e Racing Santander, cos que sumou os nove puntos, volve a medirse a rivais con oficio e faino ademáis contra equipos antagónicos: o Lanzarote e o líder, o Universidade.
O desta tarde (16.30 horas, Pasarón), fronte aos "conejeros", é en teorí [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/10/2006]/Yuri lémbrase «moi ben» da última visita do Lanzarote a Pasarón «xa que fixen dous goles nese partido». O primeiro, no minuto 47, para despois cederlle o testigo ao seu irmán Igor, que redondeou o 4-1 con outros dous.
O pichichi granate prevé que o desta tarde «vai ser un partido diferente pola situación na que está o Lanzarote, xa que seguro que quere puntuar en Pas [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 10 - 2006
[21/10/2006]/Tras realizar esta mañá a derradeira sesión de adestramento da semana, Alberto Argibay facilitou a lista de convocados para o encontro que o Pontevedra CF disputará mañá domingo, a partir das 16.30 horas, contra o Lanzarote. O técnico granate citou a tódolos xogadores que están dispoñibles, un total de 19 futbolistas: Bonis, Saizar, Luciano, Asier Ormazábal, Baggio, Dumast [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/10/2006]/Paco Gutiérrez, técnico do Lanzarote, convocou a 16 xogadores para o partido que enfronta mañá domingo ao conxunto canario co Pontevedra no Estadio de Pasarón: Marino, Diego Arroyo, Jorge Campos, Juanma, Raúl García, Zamorano, Angel, Manu Hervás, Checa, Sergio Alcolea, Marcos, Aarón, Yeray, Enric Pi, Meca e Juanjo.
A expedición roxilla ten previsto chegar esta noite [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/10/2006]/Despois de que tres goles non lle fosen dabondo ao Pontevedra para regresar con algún punto do campo do Lanzarote a tempada pasada (4-3), os irmáns De Souza encargáronse de tomarse a revancha en Pasarón a finais do pasado mes de febreiro: 4-1. Yuri abriu no comezo da segunda parte, sentenciou co 2-0 no 68 e despois cedeulle ao seu irmán Igor o testigo para que éste lograse [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/10/2006]/Ao regreso da intensa eliminatoria contra Rusia na fase clasificatoria para o campionato de Europa sub-21, o portugués Sergio Organista quedou fora de combate no encontro contra o filial do Racing de Santander B debido á forte dor que arrastra no xeonllo dereito.
O centrocampista granate, quen non ocultaba a súa satisfacción por ter superado a eliminatoria contra os [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 10 - 2006
[20/10/2006]/O adestrador do Pontevedra Clube de Fútbol, Alberto Argibay, vai recuperando pouco a pouco aos futbolistas que arrastraban nas últimas semanas diferentes tipos de molestias musculares. O técnico granate poderá contar para o encontro do domingo contra o Lanzarote con Charles, Yuri e Fran Rico, que a comezos de semanas non tíñan asegurarda a súa participación no encontro con [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/10/2006]/Ninguén agardaba que no comezo da tempada o Lanzarote se levase por diante ao adestrador en sete xornadas. O técnico madrileño Paco Gutiérrez debutou o domingo pasado cun empate ante o Celta B no seu estadio despois de sustituir a Álvaro Pérez, o preparador co que o conxunto "conejero" iniciou a tempada.
Trátase doutro equipo brando que ven a unirse aos filiais do At [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/10/2006]/O equipo que presente Paco Gutiérrez fronte ao Pontevedra o vindeiro domingo no Estadio de Pasarón, "non vai ser defensivo", senón que incluso cabe a posibilidade de que sexa "máis ofensivo" ca o que xogou a pasada xornada ante o Celta B, segundo declarou hoxe en rolda de prensa o adestrador da Unión Deportiva Lanzarote.
A pesar de considerar aos galegos coma "un dos [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:51  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/10/2006]/Rubén Reyes fartouse. O centrocampista asturiano do Pontevedra Clube de Fútbol rebelouse contra a súa situación e baralla a posibilidade de cambiar de destino se a súa coxuntura deportiva non cambia. A suplencia á que se viu condenado o asturiano e a falta de confianza que parece mostrar Alberto Argibay no seu xogo conduciuno ao seu actual momento de dúbidas. "Sempre digo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:33  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/10/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol e o ximnasio Onsen estreitaron un pouco máis os seus lazos na xornada de onte. A entidade granate e a empresa asinaron un convenio de colaboración que incluirá un contrato de patrocinio.
De tal xeito, amplíase a relación existente na pasada campaña. Nesta ocasión, os profesionais granates poderán seguir utilizando as infraestructuras das [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 10 - 2006
[19/10/2006]/A directiva do Pontevedra Clube de Fútbol confirmou que o encontro que disputarán o conxunto granate e o Clube Deportivo Ourense, correspondente á xornada 11 de liga, disputaráse o domingo 5 de novembro a partir das 12 horas.
Esta situación está motivada pola falta de alumeado artificial no Estadio de Pasarón, e dende o clube pontevedrés afirmaron que este horario po [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/10/2006]/A sesión vespertina de adestramento en Pasarón pechouse con malas novas porque Yuri non puido concluir a sesión ao sufrir un estiramento no isquiotibial dunha perna e iso o convirte en dúbida para o encontro deste domingo, a partir das 16.30 horas, contra o Lanzarote. O xogador será recoñecido ao longo da xornada de hoxe por Carlos Alonso, xefe dos servizos médicos do club [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/10/2006]/Concentración e prudencia. Humberto Soares da coa clave do Pontevedra para aspirar ao seu quinto triunfo consecutivo. Todo pasa pola cabeza e non tanto polas pernas. O equipo granate debe plantexarse o seu seguinte encontro, ante o pechacancelas, o Lanzarote, coa mesma mentalidade que calqueira outro. "O obxectivo é sempre a victoria. Podemos alcanzar a quinta se traballam [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/10/2006]/O adestrador da UD Lanzarote, Paco Gutiérrez, deseñou xunto co preparador físico, Maikel Santana, un microciclo de exercicios, que se levarán a cabo durante as vindeiras semanas destinados a mellorar a potencia aeróbica e a forza explosiva dos xogadores, coa fin de optimizar tanto a súa resistencia como a súa capacidade de reacción. Do mesmo xeito vaise incidir no toque e [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 10 - 2006
[18/10/2006]/Sergio Organista continúa xerando inquedade. O corpo médico estaba convencido de que o centrocampista brasileño non tíña ningunha lesión de gravedade, pero onte volveu a resentirse das molestias que lle obrigaron a deixar o campo ante o Racing de Santander B e iso preocupou a Carlos Alonso. Nun principio, nas vindeiras 48 horas tomará antiinflamatorios e gardará repouso pa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/10/2006]/Catro victorias seguidas dan para moita euforia. Pero Argibay, veterano de guerra que viu caer a moitos soldados víctimas da prepotencia, amósase autocrítico, impoñe a prudencia e esixe un plus de rendemento aos seus homes para os seguintes encontros, para seguir mellorando. A terceira praza e a caza do liderato só se poden afianzar a base da melloría día a día.
Por [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/10/2006]/Os xogadores do Pontevedra deben ter moi presente o que lles ocurreu a pasada tempada en Pasarón ante o Móstoles para evitar que se poida repetir a historia este domingo, a partir das 16.30 horas, fronte ao Lanzarote, que tamén chegará á cidade do Lérez ocupando unha sólida posición de pechacancelas.
A ningún dos afeccionados que se congregaron nas gradas aquel 5 de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/10/2006]/A Unión Deportiva Lanzarote volveu esta mañá aos adestramentos sen que haxa que lamentar ningunha incidencia no estado físico dos xogadores. A vindeira sesión será na tarde de hoxe mércores a partir das 18.30 horas, tamén na Cidade Deportiva de Lanzarote.
Precisamente o adestrador, Paco Gutiérrez, diseñou conxuntamente co preparador físico, Maikel Santana, un microci [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 10 - 2006
[17/10/2006]/Alberto Argibay apostará polas rotacións no centro do campo ao longo desta tempada. O adestrador granate alternará aos seus homes da media para non sobrecargalos de minutos e poder gañar en frescura durante os encontros, segundo explicou o francés Nasser á conclusión do encontro entre os pontevedreses e o Racing B o pasado domingo. Preguntado por se lle molestou o troco po [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/10/2006]/Transcorreron cinco semanas dende que se lesionou e Tiago Belmonte segue sen adestrarse ao mesmo ritmo da primeira plantilla. O dianteiro brasileño está parado por culpa dunha escordadura no ligamento lateral interno do xeonllo que se produciu na terceira xornada de liga, nos últimos intres do encontro contra o Talavera. Nas pasadas datas lle foi realizada unha resonancia [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/10/2006]/Carlos Alonso é optimista acerca da lesión que sofre Organista. O xefe dos servizos médicos do Pontevedra recoñeceu ao centrocampista brasileño á conclusión do partido contra o Racing de Santander B e iso bastou para apostar pola crenza de que non ten nada grave. En calqueira caso e para disipar as dúbidas que sempre albergan este tipo de doenzas no xeonllo volverá a recoñ [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/10/2006]/A xunta directiva do Pontevedra volveu a fixar o partido contra o Lanzarote para as catro e media da tarde e da a impresión de que o seguirá facendo nas vindeiras xornadas mentras non se arranxe o problema co alumeado artificial. É o único xeito de garantir que haberá luz suficiente para disputar o encontro sexa cual sexa a climatoloxía. Ademáis, a afluencia de público est [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/10/2006]/O Pontevedra manténse fiel a súa tradición de abuso de poder. O conxunto granate mantén nesta tempada a súa líña de dominio absoluto sobre os cadros da canteira. O pasado domingo confirmouse a tendencia dos pontevedreses fronte aos segundos equipos de clubes da Primeira División. Venceron fronte ao Racing B por 2-0. Este éxito é o terceiro consecutivo da escadra da capital [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/10/2006]/O Pontevedra conta cunha masa social ampla, fiel e sólida. Ésa non é unha afirmación subxectiva. Basta con comprobar a afluencia de espectadores no resto dos campos dos equipos españois para comprobalo e ver que, a pouco que acompañe a sorte na vindeira fase de ascenso, sexa cando sexa, o público levará en volandas aos xogadores granates cara o retorno á élite do fútbol na [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/10/2006]/Os futbolistas do Pontevedra Clube de Fútbol están citados para as 10.30 horas no Príncipe Felipe para comezar a preparar o vindeiro compromiso ligueiro contra o Lanzarote.
Alberto Argibay poderá comprobar o estado no que se atopan os xogadores que arrastran problemas musculares, como son os casos de Organista e de Charles, que remataron o encontro contra o Racing B [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:39  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/10/2006]/A Unión Deportiva Lanzarote, vindeiro rival do Pontevedra Clube de Fútbol na liga, volveu onte luns aos adestramentos. A sesión foi de recuperación para os futbolistas que xogaron o domingo contra o Celta B e máis intensa para os que non o fixeron. Hoxe martes, o plantel de xogadores disfrutará do día de descanso e será mañá mércores cando volvan ao traballo, en dobre sesi [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 10 - 2006
[16/10/2006]/O Pontevedra sumou o seu cuarto triunfo consecutivo fronte a un frouxo Racing de Santander B que erixiuse no peor equipo que pasou por Pasarón no que vai de tempada. Os granates non atoparon o fútbol fluído que exhibiran nos duelos contra o Atlético de Madrid B e o Celta B, pero botaron man da súa calidade individual para sacar adiante un encontro que se podería complicar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/10/2006]/Alberto Argibay ofreceu a rolda de prensa máis rápida dende que chegou ao Pontevedra. Foi breve e conciso. «O balance é moi positivo, non tanto o deste partido, senón o de toda a serie do equipo. Catro victorias sen encaixar un gol significa que o equipo evolucionou moito sobre todo no aspecto máis importante que é o equilibrio ataque-defensa e defensa-ataque», destacou o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/10/2006]/Charles foi un dos xogadores máis destacados do Pontevedra. Marcou un gol e estivo a piques de firmar o segundo nos últimos minutos. «Estou contento porque gañamos o partido e sumamos catro victorias consecutivas. Agora imos a pola quinta», comentou.
Ademáis, desvelou que «estaba con gañas de marcar, de facer un bo partido e de axudar ao equipo a conseguir o triunfo» [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 10 - 2006
[15/10/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol venceu esta tarde ao Racing de Santander B por 2-0 e deste xeito, encadea a súa cuarta victoria consecutiva que lle serve para manter a terceira posición e manter tamén as distancias co Universidade e o Sanse, primeiro e segundo clasificado respectivamente, que tamén gañaron.
O encontro estivo marcado por dúas xogadas claves. A primeira, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/10/2006]/O Pontevedra non quere frenar a súa marcha cara a cabeza da Segunda B. Os tres triunfos consecutivos ante Leganés, Atlético de Madrid B e Celta B serviron para situar aos pupilos de Alberto Argibay en postos de fase de ascenso por vez primeira na tempada, pero os granates non se conforman con ese caramelo. As súas intencións agora pasan por confirmar esa flamante terceira [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/10/2006]/Alberto Argibay decidiu convocar a dezaoito xogadores para o encontro desta tarde co Racing de Santander B. Terá que descartar a dous deles pouco antes do inicio do encontro. A gran novidade é a presencia do canteirán Hugo, que xogou como titular este mércores no Anxo Carro no partido da Copa Xunta contra o Lugo. O xoven futbolista pontevedrés podería disfrutar dunha oport [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/10/2006]/O momento da verdade non o escollen os xogadores, o determina o día, a competición, as circunstancias.
Últimamente, o Pontevedra enfróntase con demasiada frecuencia á verdade, e ao final acaba 'mintindo'. Salvou a vida en Leganés, despois en Pasarón contra o Atlético B e posteriormente atopou o alivio da goleada ante o Celta B. Todo ben na liga, por fin.
Pero [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 11:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/10/2006]/O Racing B enfróntase este domingo en Pasarón ao Pontevedra, un dos equipos máis fortes do Grupo I da Segunda División B, a partir das 16,30 horas. O técnico verdiblanco Ángel Viadero conta cinco baixas por lesión para este encontro (Del Prado, Aitor, Sergio, Cristian Portilla e Raúl) e enfronte terá nada menos que ao conxunto que ocupa o terceiro posto na táboa con 14 pun [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 10:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 10 - 2006
[14/10/2006]/Yuri referiuse ao feito de que tivera que adestrarse na xornada de descanso despois de que fose expulsado na Copa Xunta ante o Lugo. O xogador non o ve coma un castigo. «Só xoguei dez minutos contra o Lugo e o míster díxome que tíña que adestrar no día libre. Non o tomei coma un castigo porque tíña que traballar un pouco ao haber sido expulsado tan pronto. Adestrei con Org [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/10/2006]/O centrocampista do Pontevedra, Fran Rico, xogou o encontro contra o Lugo con molestias no abductor. A pesar de que coñecia que o futbolista tíña dores, o adestrador do primeiro equipo, Alberto Argibay, decidiu apostar polo xoven na primeira parte do enfrontamento. Ao final, o seu rendemento non foi o idóneo e acabou sendo sustitu