17 - 11 - 2006
[17/11/2006]/O primerio plantel do Pontevedra Clube de Fútbol adestrou esta mañá nas instalacións do Príncipe Felipe, onde continuou coa preparación do encontro do domingo contra a Ximnástica de Torrelavega. Un encontro no que finalmente sí poderá estar Victor Ormazábal, que na sesión deste venres adestrou con normalidade. O centrocampista arxentino xa está recuperado do esguince no ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo e Alberto Argibay poderá botar mán dos seus servizos se o considera oportuno.
Semella que o técnico pontevedrés repetirá o once que goleou ao Puertollano a semana pasada, segundo puidemos comprobar nos derradeiros adestramentos levados a cabo polo plantel granate.
No que respecta ao estado dos lesionados, mentres Tiago relizará nos vindeiros días unha resonancia magnética, Igor de Souza segue dando boas sensacións de cara a súa recuperación. O dianteiro titular granate comezou xa a tocar balón e dende o corpo médico non descartan que xa poida estar dispoñible para o vindeiro compromiso ligueiro.
O conxunto granate realizará mañá sábado o derradeiro adestramento da semana, que se levará a cabo tamén no Principe Felipe (para reservar o estado do céspede de Pasarón); á finalización do mesmo, Argibay dará a coñecer a lista de convocados para o encontro do domingo.
Pola súa parte, o rival dos granates, a Ximnástica de Torrelavega tamén segue preparando a súa visita a Pasarón. Jimmy Álvarez recupera efectivos (poderá contar con Siro e Victor), mentras que Chus Herrera, que se atopa na última fase de recuperación, podería viaxar co equipo ás Rías Baixas (o corpo técnico tomará hoxe unha decisión) aínda que o técnico do cadro cántabro dálle moi poucas posibilidades para que poida reaparecer contra o Pontevedra. O resto dos xogadores están dispolibles para xogar contra o Pontevedra.
Nova engadida por JBA @ 14:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións