18 - 11 - 2006
[18/11/2006]/Os intensos aguaceiros que fan acto de presencia durante estas datas na comunidade galega tamén vívese con especial intensidade no seo da plantilla granate. O estado do terreo de xogo do vello campo do Burgo será unha incógnita se as abundantes chuvias seguen comparecendo ata a xornada matinal de mañá, momento para o que está previsto a disputa do encontro entre o Pontevedra e a Ximnástica de Torrelavega.
A planificación de traballo semanal estase vendo alterada para conservar o bo estado do céspede de Pasarón. O bloque lerezano pisou o verde do coliseo granate en tan só unha ocasión ao longo da semana: foi na mañá do pasado xoves e durante un espazo de 120 minutos aproximadamente. Ao remate do adestramento, o preparador físico Jesús Pérez e o lateral brasileño Filipe Machado multiplicaban os seus esforzos en recolocar as pezas de herba que se levantaron durante a sesión preparatoria.
As instalacións do Príncipe Felipe pasaron a ser as protagonistas. Onte, a chuvia tamén foi a principal protagonista, ademáis da estratexia, na sesión da mañá, polo que o último ensaio previo ao compromiso de mañá ante o bloque cántabro tamén realizaráse no terreo de xogo da Deputación de Pontevedra, cando nun principio sería Pasarón o que o acollería.
Os principais afectados, os propios futbolistas, amósanse optimistas e confían na drenaxe do campo do Burgo. Algúns, como o internacional co combinado luso sub-21 Sérgio Organista, que disputou os últimos 30 minutos do amigable do pasado martes no que Portugal impúxose por tres goles a cero ao combinado serbio, resta importancia ao factor "estado del campo" alegando que "Pasarón sempre estivo ben pese á chuvia. No caso de que non drene ben os perxudicados seremos nós, porque dificulta o noso xogo. Aínda así, agardaremos a ver o que pasa ata o domingo (por mañá) e nós temos que seguir adestrando para sacar o partido adiante".
O capitán Alejandro Vázquez tamén fixo referencia a este feito, sinalando que "case nunca tivemos problemas pola chuvia. Pasarón é un campo que drena moi ben e esperemos que o domingo (por mañá) poidase xogar ben ao fútbol".
A primeira plantilla granate exercitaráse esta mañá por última vez antes do enfrontamento de mañá. Será a partir das 10.30 no Príncipe Felipe.


Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 3:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións