[18/11/2006]/Víctor Manuel González González. ¿Non lles soa?. Colexiado do comité castelán-leonés que dirixiu o debut do Pontevedra no presente campionato ligueiro. Na primeira xornada, o bloque de Alberto Argibay desprazouse ata Ferrol para verse as caras co recén descendido Racing. O choque concluíu cun 1-2 favorable aos granates e con moita polémica, que se desatou cun par de decisións máis que discutibles durante os primeiros minutos do enfrontamento e pola sinalización dalgún que outro fóra de xogo máis ca dubidoso.
Un dos erros que maior cola trouxo durante as datas posteriores desencadenouse co primeiro gol do Pontevedra, obra do ariete brasileño Igor de Souza nunha acción a balón parado que o dianteiro centro do Pontevedra Clube de Fútbol introduciu na meta visitante coa mán tras un testarazo de Yuri en primeira instancia.
O colexiado castelán-leonés, ademáis, parece dar sorte aos da capital do Lérez, posto que durante o pasado exercicio tamén foi o encargado de dirixir o encontro entre o Pontevedra e o Atlético de Madrid B que disputouse no estadio de Pasarón. Naquela ocasión, os pupilos de Alberto Argibay déronse un auténtico festín doblegando ao filial roxiblanco por seis goles a cero. Ademáis deste envite, González González arbitrou outros 13 partidos que finalizaron con seis victorias locais, dous empates e cinco triunfos visitantes.
Diario de Pontevedra