[28/11/2006]/A directiva do Pontevedra Clube de Fútbol confirmou que o encontro entre o conxunto granate e o San Sebastián dos Reis disputaráse o domingo 3 de decembro a partir das 12 horas no Estadio Municipal de Pasarón. Será éste o penúltimo encontro de liga como local do Pontevedra CF antes do parón de nadal, o que podería significar tamén o penúltimo encontro que se dispute pola mañá se as obras do campo discorren polo camiño previsto.
Os xogadores granates comezarán a preparar o encontro do domingo este martes no Príncipe Felipe. Alberto Argibay recupera a Charles e Victor Ormazábal para recibir ao cadro madrileño mentras que Organista e Tiago Belmonte son as únicas baixas seguras por sanción e lesión respectivamente.