29 - 11 - 2006
[29/11/2006]/A pesar de non contar demasiado para Alberto Argibay, Baptiste segue confíando en que lle chegue a súa oportunidade para demostrar que pode ter un sitio no once. O futbolista francés afirma que está preparado para xogar e que traballa a tope día a día por se chega a súa oportunidade. Polo de agora non ten a confianza do técnico e éste tampouco lle dixo os motivos de por qué non é así. "Non falamos, non teño explicacións; eu traballo cada día e ninguén pode dicirme que non traballo e iso para mín é o máis importante. Estou aquí cada día e dou todo o mellor que podo dar e creo que o míster non pode dicir que non traballo e él o sabe".
En canto ao seu futuro e a unha posible saída do Pontevedra no mercado invernal, Baptiste afirma que de momento non baralla a posibilidade de cambiar de equipo. "Eu prefiro seguir aqui. Aínda que non xogo sei que podo adestrar ben, aqui hai boas condicións de traballo. Está claro que quero xogar máis, non digo que non; eu quero xogar máis e estou triste por que me gustaría ter xogado moito máis e demostrar o que sei facer e non é así, pero non debo baixar os brazos, teño que traballar máis e creo que con traballo todo chegará".
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións