[29/11/2006]/O Pontevedra non se obsesiona co liderato. O conxunto granate céntrase na ruptura da clasificación e en ampliar as distancias con respecto ao quinto e deixa aparcada a ansia por alcanzar ao Universidade das Palmas. Agora mesmo, o bloque preparado por Alberto Argibay está máis preto da quinta praza, que o desposuiría do dereito de pelexar polo ascenso, que da primeira. Son cinco os puntos que o alonxan da cabeza da táboa e catro os que os distancian do Lugo, o primeiro dos equipos que non participaría nunha hipotética fase de ascenso. Por todo iso, un dos capitáns, Mikel Azparren, analizou con prudencia a situación. O navarro céntrase de sete en sete días. "Todo o que sexa pensar máis alá de cada domingo sería un erro. Só debemos mentalizarnos no seguinte partido. Se non, ao final non estás ao que tes que estar, porque podes caer no erro de pensar máis alá do seguinte duelo, que pode ser máis atractivo, e descuidar as túas obrigacións", comentou.
Azparren non nega que se fixe no liderato, pero advirte que non é unha obsesión. "Sempre ves a clasificación para saber onde está o primeiro e a cánto estás del. Pero sabemos que temos que facer o noso. Debemos atender ao traballo que temos entre máns máis alá de saber quén é o líder". E é que ao final, a primeira praza non significa nin garante nada. Na pasada liga só subíu un campión de grupo, o Salamanca. Do grupo do Pontevedra fixéronno os dous conxuntos que máis problemas padeceron, As Palmas e Vecindario. "A veces é máis importante saber a qué distancia está o quinto, porque xa vimos quén ascendeu o ano pasado: o terceiro e o cuarto clasificado. O noso é gañar cada fin de semana. Se logramos tres victorias seguidas antes de que remate o ano e posteriormente seguimos na líña victoriosa, terémolos aí para dicir que ninguén é invencible. Nós debemos pensar domingo a domingo", manifestou.
Azparren, con todo, pensa en verde, é tirando a optimista. "Sempre miro cara arriba, nunca cara abaixo. Se gañamos o domingo, que se preocupen os de detrás de conseguir a victoria". O navarro admitiu que non se plantexaba nada sobre a clasificación do bloque a estas alturas. "Non tíña ningunha previsión. Normalmente un está onde se merece".
Diario de Pontevedra