30 - 11 - 2006
[30/11/2006]/Baggio e Luciano volven a ser nova por mor do incidente que protagonizaron no derradeiro encontro ligueiro disputado en Pasarón. Despois de que a comisión disciplinaria confirmara a proposta de sanción de 5500 Euros para o central brasileño e de 6500 Euros para o lateral de Porriño, ámbolos dous futbolistas compareceron ante os medios de comunicación para dar a súa opinión ao respecto. Baggio deu claras mostras de non estar dacordo coa cantidade que deberá desembolsar e non agardaba unha multa tan forte, sobre todo tras pedir desculpas públicamente. "Cando falamos na rolda de prensa pedimos perdón, fomos homes para ir alí e pedir perdón, pero o clube pensa que iso non foi suficiente". A pesar de que non o confirmou, o central brasileño deixou caer que tentará que se lle reduza a sanción, pois tal e como indicou, lle parece excesiva. "Temos que falar por que é moito diñeiro e non estamos condicións de pagar isto. Se non gaño isto como vouno pagar".
Pola súa parte, Luciano non quixo entrar a valorar moito esta nova e explicou que son temas internos entre as partes implicadas. "Eu opino que son cousas entre o clube e mais eu, e que teñen que quedar aí dentro. Eu non teño nada que valorar para nada esas cousas; o que teño que dicir xa llo direi ao clube". Ao igual que Baggio, o de Porriño tampouco confirmou se presentará alegacións para que a sanción sexa menor. "Se eles cren que merezo esa multa pois eles o saberán, eu non son quen para xulgar iso".
Tanto o central sudamericano como o lateral terán dez días para presentar alegacións.
Nova engadida por JBA @ 1:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións