[30/11/2006]/Seguen os rumores que sitúan a varias xogadores do Pontevedra CF na órbita doutros clubes de superior categoría. O último nome que saíu á luz foi o de Charles que, segundo apuntou A Voz de Galicia, podería ter unha oferta do Lorca de Aurelio Gay para incorporarse ao conxunto murciano no mercado invernal.
Non tardou moito o clube en desmentir tal nova e o propio presidente Nino Mirón confirmou que non recibiu ningunha oferta por ningún xogador. Ademáis, o máximo mandatario granate quixo deixar claro unha vez máis que quen queira a calqueira xogador da plantilla terá que pagar a cláusula de rescisión. No que respecta ao propio Charles, o futbolista brasileño dixo que non sabe nada de nada e mostrouse sorprendido por tal nova. "Pilloume de sorpresa. Aínda non vin o xornal e non sei, terei que velo por que pilloume de sorpresa". O mediapunta ten moitas opcións de recuperar a titularidade no encontro do vindeiro domingo despois de cumprir un encontro de sanción.