[30/11/2006]/A plantilla do Pontevedra CF segue preparando o encontro do domingo contra o Sanse. Os futbolistas granates adestraron esta mañá en Pasarón, nunha sesión que se retrasou ata ás 12h, hora na que comezará o encontro do domingo. Alberto Argibay segue sen dar pistas sobre cal será o once que utilice contra o Sanse. O que sí parece seguro é que tanto Charles como Victor Ormazábal recuperarán o seu posto no once tras cumprir un encontro de sanción. A outra novidade podería ser a volta de Vázquez ao centro da zaga en detrimento de Mikel Azparren. Non obstante, haberá que agardar ao domingo para ver se se cumpren estas previsións.
Outro dato a destacar é o posible cambio de sistema, xa que o técnico pontevedrés podería volver a formar cun 4-3-3.
En canto a xogadores con molestias, tanto Yuri como Dumast arrastran diferentes problemas musculares que lle impediron traballar con normalidade pero todo indica a que poderán xogar o domingo.