[28/12/2006]/O Pontevedra volverá a pagar as consecuencias da nefasta planificación que existe nos desplazamentos a Canarias. A Federación Española de Fútbol, que lle colleu gusto a emparellar aos canarios cos galegos, non ten en conta os problemas que plantexan os distintos enlaces a realizar nos aeroportos e as moitas horas que se pasan neles.
O Pontevedra estrenará o 2007 cunha desas viaxes que perduran no subconsciente dos futbolistas, que acabarán contándolle aos seus netos cómo no século XXI empregaban tres días no desplazamento para xogar un partido no arquipélago canario.
Para disputar o encontro en Fuerteventura contra o P. Jandía o vindeiro 7 de xaneiro, a expedición granate sairá das inmediacións de Pasarón ás 10 da mañá e non regresarán ata o luns ás 10 da noite.
O encontro xogaráse no estadio Benito Alonso ás 12 da mañá do domingo e como o aeroporto está no outro extremo da illa teñen que renunciar ao voo que sairá cara o aeródromo madrileño de Baraxas ás 3 da tarde.
Especialmente os xogadores con fillos non só non poderán disfrutar con eles do día de Reis senón que seguramente cando volvan algún dos seus retoños xa terá tempo suficiente para desmontar algún. Ademáis de Nasser (2), Humberto e Igor tamén son pais o adestrador, Alberto Argibay, o preparador físico Jesús Pérez, o fisioterapeuta Nacho Aranguren, o delegado Rey Fierro e o encargado do material Rafa Vidal.
Dous días despois, Copa.- Sen apenas tempo para recuperarse do palizón do desplazamento a Fuerteventura, o Pontevedra haberá de afrontar o partido de ida dos oitavos de final da Copa Federación contra o Amurrio.
A vantaxe para os granates nesta ocasión será que o primeiro enfrontamento xógase no estadio de Pasarón. En caso contrario, o palizón de ter que desprazarse a Álava podería ter unhas consecuencias impredecibles para unha plantilla que pouco a pouco vai recuperando o ritmo dos adestramentos despois de oito días de vacacións polas festas do Nadal.
O sábado disputarán un encontro amigable no Manuel Ánxo Cortizo contra o Lalín para comezar a meterse en competición.
Só falta Víctor.- Tras incorporarse onte aos adestramentos Yuri, Charles, Baptiste, Nasser e Bonis só falta que o faga o arxentino Víctor Ormazábal, quen conta con permiso do clube para chegar a Pontevedra ao longo do día de hoxe.
Problemas de voos nas líñas aéreas arxentinas impedíronlle, ao parecer, poñerse onte ás órdes de Alberto Argibay, quen volveu a planificar unha suave sesión de adestramento tras dividir ao plantel en dous grupos.
Yuri e Charles, morenos.- Charles e Yuri foron os que máis acusaron o cambio de temperaturas. Despois de disfrutar dos 37 grados do Brasil durante unha semana atopáronse cun intenso frío en Pontevedra, aínda que o sol axudou a que a súa primeira toma de contacto cos adestramentos resultase máis levadeira.
A Voz de Galicia