29 - 12 - 2006
[29/12/2006]/A tempada pasada, xa na Segunda B, o gasto do Pontevedra na plantilla elevouse a 1,2 millóns de euros, cantidade semellante que destina no actual exercicio en busca do ascenso á Segunda División. A directiva ten previsto aprobar o vindeiro presuposto dentro dunhas semanas, despois da conversión en sociedade anónima deportiva. De non lograr completala habería eleccións e, se non conseguen a conversión, Nino Mirón ten previsto renunciar ao cargo de presidente.
Mentras, os salarios da plantilla de futbolistas do Racing lévanse case a metade do diñeiro do presuposto, 575.000 euros, sen contar a parte da Seguridad Social que corre a conta do clube. Na Segunda A, os soldos da plantilla de futbolistas superaban o millón.
Pese a contar cun equipo bastante máis competitivo -como demostra a clasificación-, o Racing gasta menos ca o Clube Deportivo Ourense.

O Ourense, segundo.- A entidade das Burgas presupuestou 700.000 euros en gastos para a plantilla na presente tempada. O equipo roxillo destina o 63% dos seus recursos ao plantel de xogadores.
O Lugo, por contra, prevé gastos nos futbolistas por importe duns 480.000 euros. Ademáis, destina 32.450 para o adestrador [Juan Fidalgo], e sendas partidas de 15.025 para o segundo técnico e o preparador físico. Así o reflexa o detallado presuposto presentado o mércores polo equipo roxiblanco, recén ascendido á Segunda B.
A plantilla do Racing inclúe oito xogadores galegos -Piña, Adrián, Repi, Diego Piñeiro, Pereiro, Pablo Rey, Corredoira e Álex López-, tres rentables franceses -Lamatina, Cohen e Descamps-, e futbolistas doutras catro nacionalidades.
A do Pontevedra só conta con dous galegos: Luciano e Fran Rico, tendo de forma testimonial a Jesús e a Manu Rodríguez, que non xogaron nin un só minuto. Sete brasileños, cinco nacionais, catro franceses, un arxentino e un portugués completan a plantilla do equipo de Pasarón.



A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións