29 - 12 - 2006
[29/12/2006]/Onte houbo troco de plans a última hora na planificación dos adestramentos coa fin de preservar o terreo de xogo do Príncipe Felipe, que foi reparado aproveitando as vacacións. Ao final, a plantilla granate acudiu pola mañá ao centro Onsen para disfrutar dunha sesión de recuperación e, pola tarde, se lle concedeu xornada de descanso aos que regresaron o pasado martes.
Ao final a sesión vespertina foi só para os brasileños Yuri e Charles, os franceses Bonis, Baptiste e Nasser e o arxentino Víctor Ormazábal, que foi o último en regresar das vacacións navideñas que pasou coa súa familia en Bos Aires.
Aínda que a sesión matinal de hoxe levaráse a cabo no Príncipe Felipe, a da tarde desenrolaráse no campo de San Pedro de Vilalonga.

Amigable en Lalín.- O amigable previsto para mañá no campo Manuel Ánxo Cortizo contra o Lalín xogaráse ás cinco da tarde.
A expedición granate partirá ás 14.15 horas de Pasarón para afrontar o primeiro partido de preparación tralas vacacións navideñas. Está previsto que viaxen tódolos integrantes da plantilla.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:39  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións