[30/12/2006]/Un mal inicio pode botar pola borda o traballo realizado ata o de agora. Agás o Raio Vallecano, que esta tempada parece que vai en serio, os tres restantes aspirantes á promoción de ascenso están obrigados a reanudar a competición cunha victoria. Para comezar a entrar en acción despois do parón navideño o Pontevedra desprázase hoxe á capital do Deza para enfrontarse, a partir das 17.00 horas, ao Lalín no Manuel Ánxo Cortizo.
Aínda que se trata do primeiro amigable á volta das vacacións, o segundo adestrador granate, Joao de Bastos, considera o partido como «importante a nivel competitivo». «Pretendemos entrar en competición o máis pronto posible con este partido», matizou De Bastos, quen asegura que os xogadores coidáronse «bastante e como non gañaron moito peso todos están ben». Nin sequera Charles e Yuri, que disfrutaron de preto de 40 grados centígrados no Brasil, cometeron excesos segundo o técnico granate, algo que entende como fundamental para afrontar o longo período de competición que lle queda ao equipo.
O partido contra o P. Jandía é, en opinión do segundo técnico, «importantísimo por varios motivos, pero o principal despois dun parón de liga é comezar ben».
Non lle concede excesiva importancia a que o desprazamento a Fuerteventura poida facer mella na plantilla ao tener que empregar tres días na viaxe. «Afectar, afecta sempre, pero nós temos que conseguir ser superiores; xa xogamos nese campo o ano pasado, polo que xa sabemos as características do vento, do adversario, o tipo de xogo que ten, polo que estamos preparados para afrontar todo iso», polo que espera «poñer o marcador da viaxe aparte, entrar no partido e gañar, porque eles cando veñen aquí moitas veces tamén o fan».
De Bastos reitera que no partido desta tarde en Lalín «imos competir, xa nos adestramentos o facemos e nun partido hai un pouco máis de tensión», e lle concede especial atención a que enfronte estará un equipo descoñecido para os xogadores granates: «Cando o rival é descoñecido hai outro grado de dificultade».
Ensaio en Vilalonga.- O acondicionamento do céspede no estadio de Pasarón e no campo do Príncipe Felipe, aproveitando o parón navideño, obrigou ao Pontevedra a buscar outro terreo de xogo no que levar á práctica a sesión de ataque organizado que estaba prevista.
Posteriormente, Alberto Argibay planificou un partidiño de once contra once, o primeiro dende que o pasado 18 de decembro se enfrontasen ao Cobeña en Pasarón, fronte ao que despediron o ano cunha victoria na Liga.
A Voz de Galicia