[30/12/2006]/O Pontevedra CF venceu ao Lalín no amigable que disputaron ámbolos dous conxuntos este sábado no Manuel Anxo Cortizo. O cadro granate formou de inicio con Saizar baixo paos; Asier Ormazábal, Baggio, Vázquez e Jesús na defensa; no centro do campo xogarían Fran Rico, Nasser e Humberto, mentras que como homes máis adiantados actuarían Hugo, Baptiste e Danilson.
O encontro foi equilibrado nos primeiros minutos de partido, cun Lalín con problemas para combinar e creando perigo nalgunha xogada a balón parado, e cun Pontevedra que levou o maior perigo pola banda dereita, onde Asier Ormazábal mostrouse como o mellor home dos granates. O Lalín adiantaríase no marcador cun golazo de falta de Marcos, que introducía por toda a escadra un balón que fixo inútil a estirada de Saizar. A continuación chegaría o primeiro troco do partido, xa que Hugo, presumiblemente por problemas físicos, tivo que deixar o seu posto para que entrara Manu Rodríguez no rectángulo de xogo. Non tardaría en chegar a igualada ao marcador, cando Humberto recollía un balón na frontal do área e anotaba o empate tras un disparo axustado.
Con reparto de goles chegaríase ao descanso, momento tamén para os trocos. No segundo período, o Pontevedra formaría cun once totalmente distinto: Bonis, Luciano, Dumast, Azparren, Filipe Machado, Organista, Victor Ormazábal, Rubén Reyes, Charles, Igor e Yuri. O cadro granate resolvería pronto o encontro, adiantándose aos poucos minutos da reanudación por mediación de Dumast, que remataba coa testa no segundo pao e na mesma líña de gol, un saque de esquina botado por Rubén Reyes. O terceiro tanto sería obra de Igor de Souza, que remataba na frontal do área pequena coa cabeza un centro medido de Filipe Machado dende a esquerda. O 1-4 definitivo sería obra de Rubén Reyes, que no mán a mán co gardamallas local, batía o mesmo por baixo.
Co 1-4 no marcador o Lalín baixou os brazos e o Pontevedra levantou o pé do acelerador. Aínda así houbo algunha ocasión máis por parte dos dous conxuntos que quedaron en nada.