31 - 12 - 2006
[31/12/2006]/O vindeiro día 7 terá que estar lista a cuarta torreta de iluminación, dacordo co calendario fixado pola comisión de seguimento das obras. A empresa preveía a mediados de novembro rematar a cuarta torreta o 14 de xaneiro, pero a comisión de seguimento pediulle que a adiantase ao día 7 para ter lista nesa data a nova iluminación.
Polo momento, tres torretas xa lucen os seus focos no novo estadio. En calqueira caso, a urxencia será menor da que podía pensarse nun principio. Dunha parte, a liga da Segunda División B non se reanuda ata o 7 de xaneiro, data na que o Pontevedra CF xogará en Fuerteventura contra o P.Jandía. En consecuencia, o primeiro partido na casa non se disputará ata o día 14, xornada na que o equipo local mídese ao Orientación Marítima de Lanzarote.

Encontro ante o Racing.- Pero, doutra parte, todo apunta a que o Pontevedra CF pode esperar á seguinte xornada, a do día 21, na que se enfronta ao Racing de Ferrol, para estrenar a iluminación e volver ao horario de tarde.
Para poder contar coa nova iluminación e proseguir as obras do fondo sur foi preciso derrubar o histórico vestiario de Pasarón, sustituido provisionalmente por outro de tipo modular que custou 150.000 euros (25 millóns de pesetas). Este vestiario será reutilizado noutro campo de fútbol unha vez que deixe de ter utilidade.
Dende a súa presentación inicial, o proxecto do novo estadio tivo que ser modificado en varios apartados, entre eles, algúns relacionados coa colocación das filas e barreiras para dar maior seguridade ao campo. Tamén prolongouse a zona cuberta para resgardar dúas filas de asentos que quedaban á intemperie.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 16:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións