31 - 12 - 2006
[31/12/2006]/Se a chegada do Nadal celebrouno o Pontevedra cunha victoria ante o Cobeña na Liga, onte os xogadores granates tamén quedaron co bo ánimo que sempre producen os triunfos, aínda que éste fose nun partido amigable.
Mikel Azparren, que se desprazará en avión para pasar o fin de ano en Pamplona coa súa familia, deu por bo o encontro en Lalín: «Foi positivo en canto aos obxectivos que tíñamos plantexados, un pouco coma sempre xa que o Pontevedra sae a gañar en tódolos campos e por outro lado o manter esa intensidade e concentración que fai máis forte ao equipo».
Sobre os piropos de Gelucho en torno ao ritmo de xogo exhibido polo Pontevedra onte, Azparren apunta que está dacordo coa apreciación do técnico lalinense. «Esa era unha das cousas sobre as que fixéramos énfase e é como para estar satisfeito xa que vainos vir ben para o vindeiro partido de Liga».

Hoxe, adestramento.- Aínda que algúns xogadores foráneos teñen previsto celebrar coas súas familias o fin de ano, hoxe terán adestramento matinal no Príncipe Felipe. Azparren o recibe como «o planning que nos deron e que non nos queda outra; para iso nos pagan e despois iremos a pasar a Noitevella», para sentenciar: «É o que hai e non hai máis», apuntou un tanto contrariado coa decisión técnica.
Non obstante, celebra que o Pontevedra continúe a dinámica de victorias, algo que, apunta «é boa sempre e cando non te faga caer no erro de relaxarte». «O que ten de bo esa dinámica é que mantén ao Pontevedra con ese carácter gañador».



A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 15:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións