30 - 01 - 2007
[30/01/2007]/Falta pouco máis de 24 horas para que se peche o mercado invernal de fichaxes e todo fai indicar que non haberá novidades no que a altas e baixas se refire no Pontevedra Clube de Fútbol. Xogadores como Yuri ou Charles, polos que se interesaron varios clubes da Segunda División, seguirán de granate. Outros, como Baptiste e Fran Rico, que barallaron unha posible saída polas poucas oportunidades das que disfrutaron, tampouco abandonarán a disciplina granate neste mercado invernal. Polo tanto, serán os mesmos xogadores que comezaron a tempada os que a rematen.
Nos derradeiros anos, o Pontevedra CF foi un dos moitos clubes que optaron por reforzarse neste mercado de xaneiro: na tempada 2002-2003 chegaron dous reforzos para a defensa, Soria e Gordillo. Un ano máis tarde, na que o equipo acadou o ascenso, Paco Bazán e Juan Jesús foron as dúas fichaxes que realizou o clube. Na tempada 2004-2005, co equipo na Segunda División, chegaron Rubén Reyes (en calidade de cedido), Yobo, D'amico, Alex Alves e Changui, nunha intentona por sacar ao equipo de último posto da clasificación. Xa o ano pasado, o equipo tamén quixo retocar ao equipo coas incorporacións de Igor de Souza, Rubén Reyes, Dumast, Fran González e Asier Ormazábal.
A diferencia destes últimos anos, desta vez o clube confiará no mesmo plantel para conseguir o ascenso. Polo de agora, os números dánlle a razón a quen aposta pola continuidade.
Nova engadida por JBA @ 14:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións