31 - 01 - 2007
[31/01/2007]/A atención do día estará practicamente centrada na figura de Fran Rico. O canteirán está na órbita da Cultural Leonesa para reforzar o centro do campo do conxunto castelán e dende o clube granate poderían estar estudando a posibilidade de ceder ao futbolista para que disfrute de máis minutos de xogo. O ex adestrador do Pontevedra CF, Milo Abelleira foi contratado esta semana pola Cultural Leonesa para facerse cargo do equipo e entre os reforzos que quere o técnico para o seu novo equipo está Fran Rico. Polo de agora, Fran segue sendo xogador do Pontevedra CF e dende a directiva granate apostan por él e queren que triunfe no cadro pontevedrés.
A solución final poderémola saber hoxe á medianoite.
Nova engadida por JBA @ 15:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións