[31/01/2007]/O mercado de fichaxes vive este mércores o seu último día de prazo. Avecíñase un día no que o fax da LFP botará fume, xa que é no derradeiro día no que os clubes apuran os últimos coletazos para reforzar os seus planteis. No Pontevedra CF non se agardan novidades en canto a saídas e entradas. Dende que o club emitiu un comunicado o pasado venres no que descartaba a saída de calquera futbolista (a non ser que algún clube faga efectiva a clausula de rescisión), os rumores desapareceron de súpeto e este final de mercado de fichaxes está sendo algo máis tranquilo do normal.
A partir das doce da noite non haberá marxe de manobra para os clubes, polo que deberán apurar a tarde de hoxe para buscar ese futbolista buscado e desexado polos adestradores.