31 - 01 - 2007
[31/01/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF seguen coa preparación do encontro que deberán disputar o domingo ante o Talavera. O equipo traballa este mércores en dobre sesión no Príncipe Felipe. As victorias nas derradeiras xornadas deron co equipo no máis alto da clasificación e isto repercute favorablemente no día a día. Así, é unha imaxe habitual ver nos adestramentos dos granates o bo ambiente que reina tanto sobre o céspede como nos vestiarios. Aos bos resultados tamén hai que unir a ausencia de lesións no primeiro plantel, toda vez que Tiago Belmonte xa traballa con normalidade. Deste xeito, Alberto Argibay poderá contar con tódolos xogadores para recibir o domingo en Pasarón ao Talavera. Únicamente hai que lamentar os típicos problemas musculares que arrastran algúns xogadores como Filipe Machado, que ten molestias na clavícula pero que nun principio non lle impedirán estar a disposición do míster para o vindeiro compromiso ligueiro.
Nova engadida por JBA @ 15:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións