31 - 01 - 2007
[31/01/2007]/Finalmente non haberá nin saídas nin entradas no Pontevedra CF. A única posible novidade que podía haber nas derradeiras horas era a posible cesión de Fran Rico á Cultural Leonesa, pero a última hora da tarde descartábase a opción de que o canteirán granate abandonase a entidade pontevedresa, polo que Fran Rico seguirá vestindo de granate.
Deste xeito, serán os mesmo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/01/2007]/O mercado de fichaxes vive este mércores o seu último día de prazo. Avecíñase un día no que o fax da LFP botará fume, xa que é no derradeiro día no que os clubes apuran os últimos coletazos para reforzar os seus planteis. No Pontevedra CF non se agardan novidades en canto a saídas e entradas. Dende que o club emitiu un comunicado o pasado venres no que descartaba a saída d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/01/2007]/A atención do día estará practicamente centrada na figura de Fran Rico. O canteirán está na órbita da Cultural Leonesa para reforzar o centro do campo do conxunto castelán e dende o clube granate poderían estar estudando a posibilidade de ceder ao futbolista para que disfrute de máis minutos de xogo. O ex adestrador do Pontevedra CF, Milo Abelleira foi contratado esta sema [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/01/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF seguen coa preparación do encontro que deberán disputar o domingo ante o Talavera. O equipo traballa este mércores en dobre sesión no Príncipe Felipe. As victorias nas derradeiras xornadas deron co equipo no máis alto da clasificación e isto repercute favorablemente no día a día. Así, é unha imaxe habitual ver nos adestramentos dos granates o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
30 - 01 - 2007
[30/01/2007]/A Xunta Directiva do Pontevedra Clube de Fútbol fixo públicos os prezos dos abonos para esta segunda volta da competición, que se aplicarán a partir do encontro contra o Leganés, que se disputará o domingo 18 de Febreiro en Pasarón. Os interesados poderán comenzar a retirar os seus abonos para a segunda volta a partir do 12 de febreiro nas oficinas do clube, situadas na Rú [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/01/2007]/Falta pouco máis de 24 horas para que se peche o mercado invernal de fichaxes e todo fai indicar que non haberá novidades no que a altas e baixas se refire no Pontevedra Clube de Fútbol. Xogadores como Yuri ou Charles, polos que se interesaron varios clubes da Segunda División, seguirán de granate. Outros, como Baptiste e Fran Rico, que barallaron unha posible saída polas [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/01/2007]/Tras un merecido día de descanso do que disfrutaron onte luns os xogadores do plantel do Pontevedra CF, hoxe martes os futbolistas granates volverán ao traballo para comezar a preparar o vindeiro compromiso ligueiro, que se disputará o domingo ás 17 horas en Pasarón. O rival será o quinto clasificado, o Talavera.
Alberto Argibay ten a toda a plantilla dispoñible par [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 01 - 2007
[29/01/2007]/Trala victoria no derbi ante o Lugo, o Pontevedra CF recibirá na vindeira xornada ao quinto clasificado, o Talavera. O encontro, correspondente á xornada 22, xogaráse o domingo 4 de febreiro a partir das 17 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
O plantel granate comezará a preparar o encontro ante o conxunto talaverano a partir de mañá martes.
A directiva gran [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/01/2007]/O Pontevedra CF venceu este domingo ao Lugo no Anxo Carro por 1-3 e segue no máis alto da clasificación. O cadro granate adiantouse no marcador cun gol de Igor, que aproveitaba un rexeite para anotar o 0-1. Pouco despois, Aira aproveitar un balón solto no área ao saque dun córner para igualar o marcador. Na segunda metada chegarían os outros goles do Pontevedra. Yuri faría [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:14  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 01 - 2007
[27/01/2007]/O Pontevedra afronta este domingo no Anxo Carro o segundo derbi consecutivo. Despois de vencer pola mínima ao Racing de Ferrol, será agora o Lugo o rival que poñerá a proba o bo momento dos granates, que defenderá por primeira vez o liderato e tentará mantelo acadando unha nova victoria coa que poñería un broche de ouro a este mes de xaneiro, no que conta tódolos seus enco [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/01/2007]/Alberto Argibay seguirá a máxima de "se algo funciona, por qué trocalo" e continuará dándolle a súa confianza aos mesmos once futbolistas que lograron aupar ao equipo ao liderato. O técnico granate asi o fixo ver nos adestramentos desta semana, traballando cos mesmos homes que lograron gañar ao Orientación Marítima e ao Racing en Pasarón. Bonis estará na portería; Asier, B [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2007]/O presidente do Pontevedra CF, Nino Mirón, afirmou estar canso dos rumores que sitúan a diferentes xogadores granates fóra do equipo. O máximo mandatario do cadro pontevedrés quixo deixar claro este venres que non haberá saída algunha neste mercado invernal a non ser que o clube interesado nalgún futbolista granate abone a clasusula de rescisión de dito futbolista, feito q [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:10  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/01/2007]/O Pontevedra CF xa coñece ao seu rival nos cuartos de final da Copa Federación. O Guixuelo, que ven de eliminar ao Raio Vallecano B, será o escollo dos granates na súa intentona por clasificarse para as semifinais. O sorteo deparou que o primeiro encontro se dispute en terras salmantinas o día 8 de febreiro, mentras que a volta disputaráse o día 22 de febreiro no Municipal [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/01/2007]/Unha vez superada a eliminatoria na Copa Federación diante do Amurrio, o Pontevedra volve a centrarse na competición ligueira. O plantel que dirixe Alberto Argibay dividiuse en dous grupos este xoves: mentras os xogadores que viaxaron ata terras vascas tiveron sesión de recuperación, o resto de xogadores traballou pola tarde no Príncipe Felipe.
Tiago Belmonte, que on [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/01/2007]/O Pontevedra logrou este mércores o pase aos cuartos de final da Copa Federación tras derrotar con contundencia ao Amurrio en Basarte por 0-4.
O conxunto granate, que viaxaba cunha vantaxe dun gol acadado no encontro de ida por Igor, solventou a eliminatoria na segunda metade. Os goles foron conseguidos por Charles, Igor de Souza, Manu Rodríguez e Tiago Belmonte, que [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/01/2007]/O Pontevedra venceu este domingo ao Racing de Ferrol pola mínima grazas ao gol de Vázquez, victoria que lle sitúa no máis alto da táboa grazas aos tropezos de Raio Vallecano, Universidade e Puertollano.
Un gol de Vázquez ao saque dun córner botado por Organista foi dabondo para que o conxunto granate conseguíse a súa cuarta victoria consecutiva.
Nun encontro mo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 01 - 2007
[15/01/2007]/O Sevilla FC segue a Nicolás Bonis. O gardamallas francés do Pontevedra, que dende a súa chegada á capital do Lérez gañouse os eloxios de media España coas súas actuacións, convertiuse no punto de mira da entidade que preside Jose María Del Nido. Varios olleadores do clube andaluz da Primeira División viaxan con frecuencia á capital do Lérez para presenciar as evolucións d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2007]/O Pontevedra despediu a primeira volta da Liga cunha exhibición de xogo e de goles ante o recentemente ascendido Orientación Marítima de Lanzarote (5-1). Os tres atacantes brasileiros -Yuri, Charles e Igor- deron unha lección de como se deben finalizar as accións ofensivas, cun Yuri extraordinario, con tres goles, o último cunha espectacular vaselina que asinaría o seu ído [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2007]/O gran traballo realizado polo Pontevedra ante o Orientación deixou moi satisfeito a Alberto Argibay. «O meu equipo xogou dende o primeiro minuto con moita confianza e seguridade. O feito de marcar pronto tamén axudou un pouco, pero en xeral xogouse con moita intensidade durante todo o partido. O equipo gozou e sobre todo a afección tamén, que é importante», destacou. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2007]/Juan Antonio Machín, técnico do bloque canario, asumiu a derrota e eloxiou o fútbol dos locais. "O Pontevedra foi moi superior. Tivo o manexo do balón en todo momento, moita movilidade sen o coiro e creo que visitamos este campo nun mal momento, cun rival nun estado de forma bo e demostráronno no campo". Asimesmo, Machín sinalou que a súa defensa estivo "moi blanda. Acusam [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2007]/Yuri saiuse. O dianteiro brasileño realizou un partido completísimo que culminou anotando tres dos cinco tantos do Pontevedra. «É un día moi feliz porque saíronme as cousas ben, pero o máis importante é a victoria do equipo», explicou o ariete, quen asegurou que no quinto tanto «vin ao portero adiantado e lla quixen colar por aí».
Ao seu xuízo, o conxunto granate rea [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2007]/Charles foi un dos referentes do Pontevedra ante o Orientación. Abriu a lata ao forzar o penalti que marcou Yuri e encarrilou o duelo antes do descanso. «Estou moi contento. Hai que felicitar a tódolos compañeiros porque senón non marcaríamos eses goles e á afección que estivo con nós dende o primeiro minuto. O equipo demostrou que pode estar aí arriba. Se seguimos así imo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/01/2007]/Igor retoma a senda do gol e a ledicia. "Necesitaba volver a marcar para que todo me resultase máis fácil. Agora teño que traballar ben e seguir nesta líña". Un dianteiro vive do gol e cando non chegan todo é máis compricado". E os seus desexos foron para o equipo: " O importante é que agora temos que sumar tamén fóra e chegar o máis arriba posible na clasificación". Para [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 01 - 2007
[14/01/2007]/O Pontevedra venceu esta mañá con contundencia ao Orientación Marítima en Pasarón por 5-1, nun encontro que deixou practicamente solventado no primeiro tempo grazas aos goles de Yuri de penalti e de Charles. No minuto 13 o pichichi granate convertía unha pena máxima cometida sobre Charles. Sobrepasada a media hora, de novo Yuri e Charles serían os protagonistas: o primeiro [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
13 - 01 - 2007
[13/01/2007]/O Pontevedra pecha este domingo en Pasarón ante o Orientación Marítima a primeira volta da competición coa intención de sumar tres novos puntos que significarían firmar a mellor primeira volta do clube na segunda B. Trala victoria ante o P.Jandía no regreso á competición despois do parón ligueiro, o plantel granate quere seguir coa xeira positiva de resultados e aproveitar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/01/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF levaron a cabo na mañá de hoxe o derradeiro adestramento da semana. Alberto Argibay facilitou ao remate desa sesión de adestramento a lista de convocados para o partido de mañá ante o Orientación Marítima; unha lista de convocados que está formada por 18 futbolistas. O técnico pontevedrés incluíu na convocatoria a Bonis, Saizar, Asier Ormazába [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/01/2007]/Unha tendiníte crónica no tendón rotuliano impedirá a Luciano estar a disposición do técnico contra o Orientación Marítima. A pesar de que o lateral dereito non descartaba poder xogar, finalmente quedou descartado para disputar o partido deste domingo por mor das molestias que lle impediron rematar o partido contra o Pájara. O xogador granate terá que recuperarse da súa le [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/01/2007]/O Pontevedra poñerá fin á primeira volta da Liga mañá contra o Orientación Marítima. Será o segundo encontro consecutivo contra un equipo canario e os granates non queren deixar escapar a oportunidade de encadear o segundo triunfo consecutivo contra equipos canarios despois da súa victoria no campo do P. Jandía o pasado domingo.
O Orientación Marítima de Lanzarote é [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/01/2007]/Víctima dun accidente de tráfico que lle custou a vida cando se dirixía cara o domicilio en Moraña o pasado sábado 6 de xaneiro, o Pontevedra tributará mañá, nos prolegómenos do encontro que se disputaraá en Pasarón contra o Orientación Marítima, unha homenaxe ao ex presidente Javier Redondo. Gardaráse un minuto de silencio e os xogadores lucirán brazaletes negros.
[...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
12 - 01 - 2007
[12/01/2007]/Os xogadores do Pontevedra Clube de Fútbol adestraron esta mañá por un espazo aproximado dunha hora e media sobre o céspede do Príncipe Felipe. Na sesión non estaba Luciano xunto co resto dos seus compañeiros; o lateral de Porriño arrastra unhas molestias que poderían impedirlle xogar o domingo ante o Orientación Marítima. Argibay traballou hoxe con Asier Ormazábal como la [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[12/01/2007]/O Pontevedra comeza a pensar no Orientación Marítima despois de deixar atrás a Copa Federación. Un dos damnificados pola aliñacións na liga de Argibay, Mikel Azparren, agarda poder ter continuidade no torneo da regularidade. "Gustaríame xogar os partidos da liga. Eu traballo para eles. Estou satisfeito con como o fixen cando entrei nesta competición. Pero parece que iso no [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[12/01/2007]/Xa está confirmado. O encontro deste domingo en Pasarón será o último que o Pontevedra CF dispute pola mañá polo tema da falta de iluminación. De feito, se non fose por que o cadro granate está na obriga de xogar pola mañá contra os conxuntos canarios, o deste domingo xa se podería disputar en horario de tarde. Pero os afeccionados granates deberán agardar unha semana máis [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
11 - 01 - 2007
[11/01/2007]/O plantel de xogadores do Pontevedra CF volve esta tarde aos adestramentos para preparar o encontro de liga contra o Orientación Marítima, que se disputará o domingo a partir das 12 horas en Pasarón. Os futbolitas do cadro granate traballarán esta tarde sobre o céspede do Príncipe Felipe. Alberto Argibay ten unha única baixa para afrontar o partido ante o cadro canario, a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[11/01/2007]/A pesar do malestar que mostrou en distintas fases do partido co xogo do seu equipo, Alberto Argibay manifestou ao final que «sendo práctico, creo que o Pontevedra por oportunidades e por fases de xogo foi bastante superior ao rival e por todo iso creo que tíñamos que haber obtido un resultado mellor».
Recoñeceu que o partido «durmiuse por momentos; desaparecemos un [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
10 - 01 - 2007
[10/01/2007]/O Pontevedra CF venceu por 1-0 ao Amurrio no encontro de ida dos oitavos de final da Copa Federación. O cadro granate desaproveitou máis dunha ocasión clara para poder viaxar con maior vantaxe a terras alavesas e finalmente deberá defender no encontro de volta o solitario gol de Igor. O Pontevedra formou de inicio con Saizar, Asier Ormazábal, Dumast, Azparren, Jesús, Humbe [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 18:52  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[10/01/2007]/Despois do pesado e tedioso desplazamento a Fuerteventura da pasada fin de semana, o Pontevedra afronta esta tarde (16.00 horas, en Pasarón) o partido de ida dos oitavos de final da Copa Federación co Amurrio. O equipo vasco acude co segundo adestrador e responsable da preparación dos porteiros, Manu Rodríguez, como técnico despois de que Koldo Segurola -que sustituíra fai [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[10/01/2007]/A dimisión de Koldo Segurola ontronte por motivos familiares deixou ao segundo adestrador, Manu Rodríguez, á fronte do Amurrio. O técnico admitía onte, dende o autobús que lles traía a Pontevedra, que dadas as circunstancias «non imos co mellor ánimo posible, pero tamén queremos gañar o partido, que para iso viaxamos».
O equipo vasco aproveita, especialmente, a Copa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:47  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[10/01/2007]/O salto de categoría podería resultar determinante para que o meta galo Nicolas Bonis continúe formando parte da primeira plantilla granate. O arqueiro de Wissenbourg está na axenda de varios clubes da Segunda División grazas ao seu gran rendemento dende a súa chegada á capital do Lérez. Bonis, ao que ao remate da presente campaña aínda lle restaría un exercicio máis de co [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[10/01/2007]/O brasileño Tiago Belmonte non se plantexa unha saída do clube no mercado invernal. O ariete, polo que no seu momento se interesaron o Marbella e o Real Oviedo, manténse firme na súa idea de cumprir o contrato que lle une coa entidade a pesar de que fontes cercanas ao futbolista sinalaron onte que no caso de que o Pontevedra non conte con él, se lle buscaría unha saída a p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
09 - 01 - 2007
[09/01/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF adestraron este martes coa mirada posta no encontro de Copa Federación que disputarán este mércores en Pasarón ante o Amurrio a partir das 16 horas. Ao remate desa sesión de adestramento, Alberto Argibay facilitou a lista de convocados para dito encontro; unha lista de convocados que a forman 17 xogadores: Saizar, Revuelta, Asier Ormazábal, Du [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/01/2007]/Koldo Segurola comunicou onte ao Amurrio que cesa como adestrador do equipo, despois de tres partidos nos que coseitou unha victoria e dúas derrotas. O técnico vitoriano, que recalou na entidade de Basarte como sustituto de Cándido Arroyo, xustificou a súa decisión en «motivos personais». Con él marcha o seu axudante, Kike Arrizabalaga. A súa inesperada renuncia agrava a s [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/01/2007]/Asier Ormazábal ten complicada a súa renovación. O lateral dereito do Pontevedra Clube de Fútbol prefere agardar uns meses para manifestarse ao respecto do interese de ampliar o seu contrato que lle presentou a entidade que preside Nino Mirón, debido á situación deportiva que atravesa. A escaseza de partidos e minutos que o persegue nos últimos dous meses fai crecer o esce [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/01/2007]/O Pontevedra actual de Yuri, Charles, Igor, Rubén Reyes e compañía ten ante sí a posibilidad de volver a firmar a mellor primeira volta do clube na Segunda División B. Para elo, ten que doblegar este domingo ao Orientación Marítima canario, un equipo que, nun principio e dado o momento de graza no que se atopan os xogadores granates, non debería opoñer demasiada resistenci [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/01/2007]/O Pontevedra únicamente precisa dez triunfos para colarse na fase de ascenso á Segunda División, que son precisamente os partidos que lle quedan por disputar no Estadio de Pasarón. A súa situación de bonanza é tal que cada victoria que conquiste fóra da casa será un cheque en branco para a autoconfianza dos xogadores granates porque poderán permitirse un pinchazo no vello [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/01/2007]/Volve a Copa Federación para o Pontevedra CF. O conxunto granate afronta este mércores, a partir das 16 horas en Pasarón, o encontro de ida dos 1/8 de final ante o Amurrio, que chega a Pasarón despois de caer derrotado pola mínima na liga no tempo de desconto ante a Cultural Leonesa. O plantel de xogadores aproveitará a sesión de adestramento deste martes para preparar o p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
08 - 01 - 2007
[08/01/2007]/O Pontevedra segue con paso firme cara á fase de ascenso á Segunda División. O conxunto granate non se deixou amilanar pola presión dun Pájara que apertou moito durante varias fases do encontro e que ata se adiantou no marcador con rapidez. E a recompensa foi o 1-3 que serve para reforzar a xa elevada autoconfianza dos xogadores de Alberto Argibay. Os galegos mostráronse f [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[08/01/2007]/Alberto Argibay estaba tremendamente satisfeito á conclusión do encontro matinal de onte en Fuerteventura. E non era para menos porque o Pontevedra acababa de lograr a vitoria nun dos campos máis complicados da categoría, polas especiais condicións do terreo de xogo e da meteoroloxía, e nun duelo que se complicou en exceso aos tres minutos cun tanto de Tomás. O técnico com [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[08/01/2007]/O técnico do P. Jandía mostrouse decepcionado pola chegada da quinta derrota do seu equipo no Benito Alonso. O técnico comentou que os seus xogadores saíran con moita forza ao terreo de xogo e iso propiciou «o inmellorable arranque» dos seus.
«Despois, tanto uns coma outros, tivemos oportunidades para distanciarnos no marcador a tenor dos disparos que efectuamos sobr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[08/01/2007]/Rubén Reyes volveu a ser un xogador determinante no partido de onte. O asturiano firmou dous bonitos goles, o segundo sensacional, e completou un gran partido. «Estou moi contento porque a verdade é que fomos capaces de adaptarnos ao terreo de xogo. Sofremos porque eles comezaron marcando, pero dende o principio viuse que a dinámica do partido ía ser máis nosa ca súa. O eq [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[08/01/2007]/O xogador brasileño do Pontevedra deixou un somero resume do encontro de onte. "Non houbo moito vento. Marcáronnos pronto pero fumos a por todas. Tratamos ben o balón e marcamos tres goles". Non se pode dicir moito máis en menos palabras. Para Yuri de Souza o tanto do seu compañeiro Rubén Reyes foi un punto de inflexión, e os canarios tiveron opcións de complicar o encontr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
07 - 01 - 2007
[07/01/2007]/O Pontevedra CF conseguiu na mañá de hoxe unha importantísima victoria a domicilio ante o P. Jandía que lle fai recurtar distancias cos equipos que comandan a clasificación e que lle colocan a tres puntos do liderato. Rubén Reyes en dúas ocasións e Yuri, lograron os tantos da victoria granate, que a pesar do 1-3 final que reflexou o marcador, non o tivo doado para derrotar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
06 - 01 - 2007
[06/01/2007]/O Pontevedra abre o ano futbolístico a domicilio ante o P.Jandía. Tralo parón ligueiro, tanto o cadro canario como o conxunto granate buscan reanudar a competición de forma positiva, inaugurando o taboleiro de puntos no 2007. O Pontevedra chega a este encontro coa intención de sacar proveito dos diferentes cruces que haberá esta xornada entre rivais directos (enfrontamento [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[06/01/2007]/Charles e Yuri seguen sendo os dous futbolistas máis desexados da primeira plantilla granate. Os números e o altísimo nivel ao que están rendendo ámbolos dous xogadores dende que fixeron acto de presencia na capital do Lérez lle deron a razón ao director deportivo da entidade, o ex futbolista Javi Rico, e ao máximo mandatario do clube, o presidente Nino Mirón, que puxaron [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[06/01/2007]/Alberto Argibay incluíu a 16 xogadores na lista de convocados para o encontro que o Pontevedra disputará este domingo en Fuerteventura ante o P. Jandía, a partir das 13 horas. Finalmente, o asturiano Rubén Reyes entrou na convocatoriae viaxará xunto co resto dos seus compañeiros ata terras canarias. Xunto a Rubén Reyes, forman a expedición granate os gardamallas Bonis e Sa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
05 - 01 - 2007
[05/01/2007]/O técnico do Pontevedra, Alberto Argibay, falou hoxe sobre o primeiro encontro de liga do 2007. Como non, o preparador granate foi preguntado por se está preocupado polas condicións que presentará o campo do P. Jandía e as complicacións que terá que afrontar o seu equipo o domingo. "Si, tamén o rival pero creo que é un conxunto de circunstancias: a superficie, o vento, o r [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[05/01/2007]/Os xogadores do Pontevedra adestraron esta mañá no Príncipe Felipe para ultimar a preparación do encontro do domingo ante o P. Jandía, no que será a volta do cadro granate á competición ligueira. Na sesión de traballo, a atención estivo centrada no estado de Rubén Reyes, que nos últimos días non puido adestrar con normalidade por culpa dunhas molestias no nocello esquerdo. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[05/01/2007]/Sempre falouse da posible saída de Charles do Pontevedra Clube de Fútbol. Durante o pasado verán foron varios os clubes que se interesaron polo xogador de Belem, a pesar de que él mesmo cansouse de sinalar que estaba moi a gusto na capital do Lérez e que pola súa mente non pasaba outra cousa que non fora triunfar e ascender co bloque que dirixe o técnico Alberto Argibay. I [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[05/01/2007]/Formouse nunha das mellores canteiras do panorama futbolístico nacional. Lezama viu crecer a un lateral que apuntaba boas maneiras. O seu bo facer e a súa cultura deportiva erixíronno no gran capitán do filial bilbaíno. Asier Ormazábal, que o vindeiro 21 de Outubro cumprirá 25 anos, chegou a disputar con primeiro equipo un encontro correspondente á Copa Intertoto ante o Cl [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[05/01/2007]/Ademáis, de Asier Ormazábal, hai outros futbolistas que tamén rematan contrato o vindeiro 30 de xuño do 2007. Un deles é Nasser, que o domingo non poderá xogar por sanción. O mediocentro francés está a contar coa confianza de Alberto Argibay no centro do campo e este feito fai que o clube xa comeze as negociacións para que o centrocampista granate continúe ligado ao Pontev [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
04 - 01 - 2007
[04/01/2007]/O Pontevedra CF traballou esta tarde por primeira vez na semana sobre céspede artificial. O adestramento tivo lugar sobre o sintético de Ponte Caldelas, un adestramento no que Rubén Reyes traballou á marxe do grupo; o centrocampista asturiano segue sendo dúbida para o encontro do domingo xa que aínda ten molestias no nocello esquerdo a causa dun golpe que recibiu no adestr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[04/01/2007]/O Pontevedra non quere xogar con ninguén aos tiras e afloxas. Javi Rico deixoullo ben claro onte a Baptiste. O director deportivo do conxunto granate, como estaba previsto, reuniuse co dianteiro francés para deixarlle clara a postura da entidade e así evitar futuros malentendidos. A xunta directiva non porá ningún obstáculo á saída do ariete sempre que éste comunique a súa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:17  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar