[23/02/2007]/O Pontevedra CF xa coñece ao seu rival na Copa Federación. O cadro granate deberá desfacerse nas semifinais do Ontinyent para acadar o pase á final do torneo federativo. O sorteo deparou que o encontro de ida entre pontevedreses e valencianos se dispute o día 8 de marzo no Municipal de Pasarón e a volta no estadio de El Clariano o día 22 de marzo. Nembargantes, é moi probable que os dous encontros se adianten a mércores para ter máis tempo para preparar os seus respectivos encontros de liga. Hai que salientar que o Ontinyent actualmente é o cuarto clasificado do grupo sexto da Terceira División. A outra eliminatoria será a que disputen o Racing de Santander B e o Mallorca B. No caso de que o Pontevedra logre o pase á final, tamén terá que disputar o encontro de ida da final, previsto para o día 12 de abril (a volta sería unha semana máis tarde), no Estadio de Pasarón.