[24/02/2007]/O Pontevedra CF buscará este domingo ante o Atlético de Madrid B tres novos puntos que lle permitan seguir mantendo a súa privilexiada posición. O cadro granate visita unha vez máis a comunidade madrileña coa intención de acabar cos malos resultados que coseitou por aquelas terras, onde ten un balance de unha victoria (ante o Leganés, por 0-1), un empate ante o Alcorcón (1-1) e dúas derrotas pola mínima ante o Raio Vallecano e o Fuenlabrada. A priori, o rival parece o máis propicio para acadar unha nova victoria a domicilio, mais o balance do conxunto pontevedrés co filial roxiblanco tampouco invita ao optimismo, pois de 12 visitas, 6 saldáronse con derrota granate, 2 con empate e 4 con victoria para o equipo que agora dirixe Alberto Argibay. Un Alberto Argibay que viaxou ata Madrid con 17 xogadores debido ás molestias que arrastra Charles e que lle convirten en dúbida para o partido desta xornada. O mediapunta brasileño pasará unha última proba que determinará se están en condicións de xogar. Nun principio, hai optimismo con respecto ao seu concurso e todos agardan a velo no once inicial xunto aos seus curmáns, Igor e Yuri, na punta do ataque. O resto do equipo parece decidido, con Bonis, Asier Ormazábal, Baggio, Vázquez, Machado, Nasser, Organista e Victor Ormazábal, que entrará polo sancionado Rubén Reyes.
Pola súa parte, o Atlético B chega coa obriga tamén de gañar se non se quere afundir na táboa clasificatoria. Alfredo Merino, técnico do filial, agarda que os seus homes consigan esa regularidade que necesita o equipo para conseguir resultados posivitos. Merino convocou a 20 xogadores para o encontro do domingo: Roberto, Kike, Kili, Vara, Rives, David Fernández, Bertin, Azcárate, Marcos Martín, Raúl Llorente, Monasterio, Pollo, Marqués, Solabarrieta, Matías, Batres, Víctor Bravo, Rufino, David Rodríguez e Ballesteros.
O Atlético B-Pontevedra, disputaráse este domingo 25 no Cerro del Espino a partir das 12 horas e será asubiado polo colexiado catalán Israel Simón del Pino.