26 - 02 - 2007
[25/02/2007]/Un tempraneiro gol de Vara dende a frontal do área foi dabondo para que o Atl. Madrid B lograse derrotar ao Pontevedra CF no encontro que disputaron ámbolos dous conxuntos este domingo. O cadro granate completou outro mal encontro en terras madrileñas e desperdiciou unha oportunidade máis de auparse de novo ao máis alto da clasificación debido ao tropezo do Raio Vallecano en Cobeña. O equipo que dirixe Alberto Argibay foi a remolque en todo momento e apenas disfrutou de ocasións para poder igualar a contenda. Igor de Souza foi o que tivo nas súas botas o empate en dúas ocasións, mais o gardamallas local Roberto gañoulle a partida en ámbalas dúas ocasións. Pola súa parte, o filial roxiblanco consegue con estes tres puntos algo máis de osíxeno, aínda que de momento segue en postos de descenso directo.
O Pontevedra deberá agora enmendar esta derrota o vindeiro domingo ante o Celta B, no Municipal de Pasarón a partir das 17 horas.


Reaccións tralo encontro:

Argibay: «Hemos tirado a la basura todo el trabajo de la semana»
Alfredo Merino: "Hemos sabido jugar como bloque: merecimos el triunfo"
Nova engadida por JBA @ 1:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións