26 - 02 - 2007
[26/02/2007]/O liderato, un dos obxectivos do Pontevedra esta tempada, quedou un pouco máis lonxe onte trala derrota no Cerro del Espino ante o filial do Atlético de Madrid. De entrada, o Universidade desbancouno da segunda praza ante a victoria dos canarios na sempre difícil cancha do Fuenlabrada (0-1), o cal parece un síntoma de que os insulares volven polos seus foros.
Quen tampouco estivo brillante foi o líder, o Raio Vallecano, que acabou firmando o empate a un gol co modesto Cobeña nun duelo de rivalidade madrileña. En calqueira caso, o punto logrado polos de Vallecas lles serve para deixar ao Pontevedra a tres.
O que non tivo repercusións para o equipo de Alberto Argibay é a diferencia de puntos co quinto clasificado trala derrota do Fuenlabrada fronte aos universitarios canarios.
O colchón de seis puntos é o suficientemente amplo como para que o conxunto granate non volte a pasar agobios, aínda que para elo precisará gañar os dous vindeiros partidos contra os filiais do Celta -o domingo en Pasarón- e do Racing de Santander en terras cántabras.
O Racing de Ferrol desaproveitou unha gran oportunidade de facerse coa quinta praza ao non pasar do empate en Torrelavega.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 15:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións