26 - 02 - 2007
[26/02/2007]/O Pontevedra CF ten que pasar páxina e pensar xa no vindeiro encontro de liga contra o Celta B. A data e hora dese encontro xa está confirmada e disputaráse o domingo 4 de marzo a partir das 17 horas en Pasarón. Respecto a este encontro, Argibay recupera a Rubén Reyes tras sanción e seguramente a Charles, que segundo apuntou onte, confía en estar xa a tope para xogar. Ámbolos dous xogadores recuperarán a titularidade xa que gozan da confianza de Alberto Argibay.
O Celta B chegará a este encontro coa moral a tope despois das últimas dúas victorias por 3-2, na casa ante o Atl. Madrid B a semana pasada e a domicilio ante o Racing de Santander B esta xornada.
O colexiado castelán-leonés David Becerril Gomez será o encargado de dirixir o encontro entre granates e celtiñas.
Nova engadida por JBA @ 15:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións