27 - 02 - 2007
[27/02/2007]/Xa están confirmados os horarios dos encontros de ida e volta das semifinais da Copa Federación que o Pontevedra CF terá que afrontar ante o Ontinyent. O encontro de ida disputaráse o mércores 7 de marzo a partir das 20 horas no Municipal de Pasarón. No que respecta ao partido de volta, terá lugar dúas semanas máis tarde, o mércores 21 de marzo, e dará comezo tamén ás 20 horas no Estadio de El Clariano.
Hai que lembrar que para o encontro de ida, Alberto Argibay non poderá contar con Mikel Azparren, que foi expulsado contra o Guixuelo.
Nova engadida por JBA @ 14:48  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións