[26/03/2007]/O encontro entre o Ourense e o Pontevedra CF, correspondente á 30ª xornada de liga da Segunda División B, disputaráse o domingo 1 de abril a partir das 17 horas no Estadio de O Couto.
Para este encontro, Javi Gracia ten dúas baixas seguras por sanción: Nasser, que foi expulsado ante o Universidade por dobre amarela, e Azparren, que co cartón que viu no partido contra o conxunto grancanario, cumple ciclo de amonestacións.
Pola contra, o técnico granate recuperará para este encontro a Sergio Organista, que volverá a mediados da semana da concentración coa Sub-21 de Portugal, e posiblemente a Humberto, que está previsto que xa traballe con normalidade tras recuperarse dunha microrotura.