27 - 03 - 2007
[27/03/2007]/A directiva do Pontevedra CF confirmou que o encontro de ida da final da Copa Federación entre o cadro granate e o Mallorca B disputaráse o mércores 11 de abril a partir das 20.30 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
Un partido no que o conxunto pontevedrés tentará acadar un resultado que lle permita afrontar con garantías o encontro de volta, que se disputará unha semana máis tarde no estadio Luis Sitjar.
Nova engadida por JBA @ 1:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións