29 - 03 - 2007
[29/03/2007]/Javi Gracia terá a todo o plantel dispoñible para o derbi contra o Ourense. Soubo desta nova este mércores, horas despois de que o Comité de Competición atendese ás alegacións enviadas polo Pontevedra CF e decidise deixar sen efecto o segundo cartón amarelo que viu Nasser o pasado domingo contra o Universidade das Palmas.
Deste xeito, o mediocentro francés poderá estar a disposición do míster para o partido contra o Ourense se éste o considera necesario.
O plantel de xogadores volveu xa ao traballo en dobre sesión para comenzar a preparar dito partido. Pola mañá, os xogadores traballaron sobre o céspede do Príncipe Felipe, mentras que pola tarde a sesión trasladouse ao campo de A Seca, en Poio.
Nova engadida por JBA @ 1:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións