29 - 03 - 2007
[29/03/2007]/O Pontevedra CF exercitouse na tarde deste xoves sobre o céspede de Pasarón. Unha sesión de traballo que Javi Gracia aproveitou para ensaiar un posible once de cara ao encontro do domingo ante o Ourense.
O técnico navarro dispuxo unha formación con algunha novidade. Non se atisban trocos nin na portería nin na defensa, e tanto Bonis baixo paos, como Asier Ormazábal, Baggio, Vázquez e Azparren na zaga, repetirán titularidade.
As novidades céntranse tanto na medular como na dianteira, onde Charles deixaría o seu posto a Igor (formaría polo tanto con Yuri) e desprazaríase ao interior dereito no lugar de Victor Ormazábal. Rubén Reyes ocuparía a banda esquerda, mentras que o acompañante de Fran Rico no mediocentro sería Sergio Organista, toda vez que o mediocentro luso reincorporouse este xoves aos adestramentos.
O plantel granate volverá este venres ao traballo, pola mañá nas instalacións do Príncipe Felipe.
Nova engadida por Desconocido @ 21:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións