[30/03/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF que viaxen o domingo ata Ourense partirán en bus por autoestrada a primeira hora da mañá. A expedición granate sairá dende as inmediacións do estadio de Pasarón sobre as 10.00 horas. Ten previsto a súa chegada sobre as 11.30 horas ao Hotel Auriense (ubicado nas aforas da cidade das Burgas), lugar onde quedará concentrado nas horas previas ao encontro.
A viaxe de volta terá lugar trala finalización do partido.