[30/03/2007]/CD Ourense e Pontevedra CF seguen preparando o encontro do domingo, no que se enfrontarán por segunda vez esta tempada. Un partido importante, tanto para uns como para os outros. No bando granate, Javi Gracia necesita dunha victoria para que o equipo colla confianza e para que se reafirme na zona alta da clasificación. Pola súa parte, o Ourense quere deixar atrás as dúas derrotas consecutivas encaixadas nas últimas dúas xornadas.
Polo visto nos adestramentos de ámbolos dous conxuntos, tanto Javi Gracia como Manolo Tomé teñen practicamente decididos os onces que poñerán en liza o domingo no Couto.
O técnico do Pontevedra retocará ao equipo coa introducción de Organista e Igor no equipo titular, relegando á suplencia a Nasser e Victor.
No Ourense, a principal novidade é a volta de Sanromán ao centro do campo. O ex departamental entrará no equipo para ocupar o posto de Juan Estévez. A única dúbida que ten Manolo Tomé é saber que ocupará o lateral esquerdo, posto polo que loitan Ramón Dacosta e Bru.