[31/03/2007]/O Pontevedra C.F. adestrou este sábado por última vez na semana. Javi Gracia facilitou á finalización da sesión de traballo a lista de convocados para o encontro deste domingo ante o Ourense.
Unha convocatoria con 4 ausencias, as de Nasser, Humberto, Dumast e Tiago Belmonte.
O resto de futbolistas viaxarán a primeira hora da mañá do domingo cara terras ourensanas para concentrarse de cara ao partido do Couto.
Os que viaxan son Bonis, Saizar, Asier, Luciano, Baggio, Vázquez, Azparren, Filipe Machado, Organista, Fran Rico, Ruben Reyes, Victor, Charles, Baptiste, Igor e Yuri.