[31/03/2007]/Tras aprobar o pasado domingo no debut ante o Universidade, o Pontevedra de Javi Gracia afronta este domingo ante o Ourense unha nova e dura proba, na que tentarán deixar boas sensacións e conseguir tres puntos que lle impriman confianza ao plantel granate.
O cadro granate, que estará apoiado nas bancadas do Couto por centenares de afeccionados, necesita dunha victoria para evitar que aparezan os nervos do pasado e para non dar outra oportunidade aos seus perseguidores a que se acheguen á cuarta posición que ocupa actualmente.
Segundo o visto durante a semana, Javi Gracia optará por saír a polo partido dende o principio cun once moi ofensivo. Volverán a estar de novo xuntos os tres brasileños (Yuri e Igor na dianteira, e Charles na banda dereita), así como Fran Rico, que estará acompañado no centro do campo xunto a Sergio Organista. O resto do equipo non sufrirá modificacións xa que a defensa será a mesma, Bonis estará baixo paos e Rubén Reyes ocupará o interior esquerdo.
No Ourense semella que tamén está todo decidido en canto ao equipo. O cadro rojillo tamén quere brindarlle unha victoria a súa afección, que mostrou o seu descontento tralos dous resultados adversos nas últimas dúas xornadas. Manolo Tomé confiará no bloque que actuou nos últimos partidos. O once que ensaiou o adestrador foi o formado por Manu Taranilla baixo paos; con Seoane, Aloisio, Xurxo e Bru ou Dacosta en defensa; Currás e Sanromán estaría no doble pivote. Unha líña de tres por diante con Xaime Noguerol e Manu Rodriguez nas bandas, Padín estaría no centro e Oscar Martínez sería, unha vez máis, a referencia ofensiva.
Tanto os equipos como as afección xa velan armas para o Ourense-Pontevedra, que se disputará este domingo no Couto a partir das 17 horas. O encontro será dirixido polo colexiado asturiano Alejandro Granda Barros.