31 - 03 - 2007
[31/03/2007]/Tras aprobar o pasado domingo no debut ante o Universidade, o Pontevedra de Javi Gracia afronta este domingo ante o Ourense unha nova e dura proba, na que tentarán deixar boas sensacións e conseguir tres puntos que lle impriman confianza ao plantel granate.
O cadro granate, que estará apoiado nas bancadas do Couto por centenares de afeccionados, necesita dunha victor [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[31/03/2007]/O Pontevedra C.F. adestrou este sábado por última vez na semana. Javi Gracia facilitou á finalización da sesión de traballo a lista de convocados para o encontro deste domingo ante o Ourense.
Unha convocatoria con 4 ausencias, as de Nasser, Humberto, Dumast e Tiago Belmonte.
O resto de futbolistas viaxarán a primeira hora da mañá do domingo cara terras ourensan [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
30 - 03 - 2007
[30/03/2007]/CD Ourense e Pontevedra CF seguen preparando o encontro do domingo, no que se enfrontarán por segunda vez esta tempada. Un partido importante, tanto para uns como para os outros. No bando granate, Javi Gracia necesita dunha victoria para que o equipo colla confianza e para que se reafirme na zona alta da clasificación. Pola súa parte, o Ourense quere deixar atrás as dúas d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/03/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF que viaxen o domingo ata Ourense partirán en bus por autoestrada a primeira hora da mañá. A expedición granate sairá dende as inmediacións do estadio de Pasarón sobre as 10.00 horas. Ten previsto a súa chegada sobre as 11.30 horas ao Hotel Auriense (ubicado nas aforas da cidade das Burgas), lugar onde quedará concentrado nas horas previas ao e [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 03 - 2007
[29/03/2007]/O Pontevedra CF exercitouse na tarde deste xoves sobre o céspede de Pasarón. Unha sesión de traballo que Javi Gracia aproveitou para ensaiar un posible once de cara ao encontro do domingo ante o Ourense.
O técnico navarro dispuxo unha formación con algunha novidade. Non se atisban trocos nin na portería nin na defensa, e tanto Bonis baixo paos, como Asier Ormazábal, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/03/2007]/Javi Gracia terá a todo o plantel dispoñible para o derbi contra o Ourense. Soubo desta nova este mércores, horas despois de que o Comité de Competición atendese ás alegacións enviadas polo Pontevedra CF e decidise deixar sen efecto o segundo cartón amarelo que viu Nasser o pasado domingo contra o Universidade das Palmas.
Deste xeito, o mediocentro francés poderá est [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 03 - 2007
[28/03/2007]/O Pontevedra CF volveu este mércores pola mañá aos adestramentos. Os futbolistas granates levaron a cabo unha sesión de traballo sobre o céspede do Príncipe Felipe na que a principal novidade foi a ausencia de Sergio Organista, que está previsto que se incorpore este xoves aos adestramentos do equipo. O mediocentro luso ten moitas opcións de xogar de inicio o domingo en Ou [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 03 - 2007
[27/03/2007]/O gabinete xurídico do Pontevedra CF enviará alegacións ao Comité de Competición para que lle retiren a Nasser o segundo cartón amarelo que viu o pasado domingo contra o Universidade, e que nun principio impedirálle xogar o derbi contra o Ourense.
O mércores coñeceráse se o recurso enviado surte efecto e Javi Gracia pode contar co mediocentro francés o vindeiro domin [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/03/2007]/A directiva do Pontevedra CF confirmou que o encontro de ida da final da Copa Federación entre o cadro granate e o Mallorca B disputaráse o mércores 11 de abril a partir das 20.30 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
Un partido no que o conxunto pontevedrés tentará acadar un resultado que lle permita afrontar con garantías o encontro de volta, que se disputará unha [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 03 - 2007
[26/03/2007]/O encontro entre o Ourense e o Pontevedra CF, correspondente á 30ª xornada de liga da Segunda División B, disputaráse o domingo 1 de abril a partir das 17 horas no Estadio de O Couto.
Para este encontro, Javi Gracia ten dúas baixas seguras por sanción: Nasser, que foi expulsado ante o Universidade por dobre amarela, e Azparren, que co cartón que viu no partido contra [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 03 - 2007
[25/03/2007]/Pontevedra CF e Universidade das Palmas empataron sen goles no encontro que disputaron na mañá deste domingo en Pasarón. O cadro granate foi mellor ca o cadro grancanario aínda que no puido reflexar esa superioridade no marcador. Na segunda metade, o equipo pontevedrés tivo que xogar a maior parte do tempo cun home menos pola expulsión de Nasser.
Javi Gracia optou po [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 03 - 2007
[24/03/2007]/O Pontevedra CF recibe este domingo a partir das 12 horas en Pasarón ao Universidade das Palmas, no encontro correspondente á 29ª xornada de liga. O cadro granate, no que Javi Gracia vivirá a súa estrea no banco, quere deixar atrás unha mala xeira de resultados ante equipos da zona baixa da clasificación e agarda conseguir unha victoria que lle podería deixar como novo líd [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 03 - 2007
[23/03/2007]/Javi Gracia viviu este venres pola tarde o seu primeiro adestramento co Pontevedra CF. O técnico navarro mantivo unha pequena charla cos xogadores, tanto no vestiario como sobre o céspede, antes de comenzar a sesión de traballo. Despois, tocoulle dar as primeiras instruccións aos seus novos xogadores.
Xa comezan a verse varios trocos coa chegada de Gracia ao banco. U [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/03/2007]/Xabi Gracia foi presentado ás 13 horas deste venres na sede social do clube como novo adestrador do Pontevedra CF. O técnico navarro, acompañado polo presidente Nino Mirón, tivo as súas primeiras palabras como máximo responsable do primeiro plantel.
Entre outras cousas, falou sobre unha das principais preocupacións da afección, a súa pouca experiencia nos banquillos. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/03/2007]/Tras ser presentado ante os medios de comunicación, Xabi Gracia dirixirá esta tarde, a partir das 16.30 horas no Príncipe Felipe, a súa primeira sesión de adestramento co seu novo equipo. Tal e como anunciou na rolda de prensa desta mañá, o técnico navarro dixo coñecer aos xogadores, dos que ten informes, aínda que o domingo o equipo non desenrolará tódalas ideas que él me [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 03 - 2007
[22/03/2007]/Xabi Gracia será presentado á unha da tarde deste venres na sede social do Pontevedra CF como novo adestrador do equipo. O técnico navarro, que resume a súa traxectoria nos banquiños a dous anos como adestrador do equipo xuvenil do Vilarreal, xa estivo hoxe seguindo as evolucións dos seus novos xogadores dende o túnel de vestiarios, en compaña do presidente da entidade, Ni [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/03/2007]/O plantel de xogadores do Pontevedra CF voltou este xoves ao traballo despois de certificar onte o pase á final da Copa Federación. Na sesión, que presenciou o novo adestrador do equipo, Xabi Gracia (xunto a Nino Mirón), pero que estivo dirixida por Joao de Bastos, o equipo dividiuse en dous grupos: un formado polos que onte xogaron de inicio (agás Organista, que xa está n [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/03/2007]/Alberto Argibay foi destituído como adestrador do Pontevedra CF. A pesar de que a decisión foi tomada pola Xunta Xestora o pasado luns, Nino Mirón comunicoulle a decisión ao técnico pontevedrés onte mércores á última hora da noite.
O equipo adestrará hoxe pola tarde en Pasarón e a sesión será dirixida por Joao de Bastos e Jesús Pérez.
O sustituto de Argibay, Xa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (2)  | Enviar
21 - 03 - 2007
[21/03/2007]/O Pontevedra CF logrou o pase á final da Copa Federación tras empatar a un gol no encontro de volta disputado este mércores en Ontinyent. O cadro granate logrou defender o 3-2 que lograra na ida en Pasarón grazas ao tanto anotado por Charles no minuto 42 da primeira metade, tras rematar coa testa ao fondo das mallas un saque de esquina. Antes, Inarejos adiantara aos locais [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/03/2007]/O Mallorca B será o rival do Pontevedra CF na final da Copa Federación, que se disputará a doble encontro, os xoves 12 e 19 de abril (aínda que se podería adiantar os dous partidos ao mércores) en Pasarón e no Luis Sitjar respectivamente.O filial mallorquinista tíña que remontar o 1-0 da ida ante o Racing de Santander B, e así o fixo. Derrotou ao filial santanderino por un [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/03/2007]/O Pontevedra CF xogase este mércores o pase á final da Copa Federación. O cadro granate disputa a partir das 20 horas no Estadio El Clariano a volta das semifinais e deberá defender o 3-2 conseguido ante o Ontinyent en Pasarón para poder seguir en liza na competición.
Alberto Argibay non reservará a ningún xogador e optará por un once repleto de titulares ante o cadr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 03 - 2007
[20/03/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF traballarán esta tarde no Príncipe Felipe coa mente posta no encontro que deberán afrontar este mércores en El Clariano ante o Ontinyent, correspondente á volta das semifinais da Copa Federación. O cadro granate, que deberá defender o 3-2 da ida, desprazárase o mesmo día do partido en avión. A saída está prevista para as 12.20 horas dende o ae [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/03/2007]/Trala derrota ante o Lanzarote o pasado domingo, Alberto Argibay volve a estar no ollo do furacán. De feito, tras volver de valeiro das illas, o adestrador granate volve a ser cuestionado. Os encontros ante o Ontinyent e o Universidade serán un examen que deberá pasar o técnico pontevedrés. Unha proba que podería ser a definitiva se o equipo non vence ou convence.
Po [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 03 - 2007
[19/03/2007]/Filipe Machado, que onte abandonaba a Cidade Deportiva de Lanzarote en muletas, foi sometido a unhas probas para comprobar cal era o estado do peroné.
Finalmente, e a pesar de que temíase de que o brasileño sufrise unha fisura, o lateral esquerdo deberá gardar repouso e agardase que pronto poida estar traballando con normalidade. Non poderá xogar esta semana contra o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/03/2007]/O Pontevedra CF perdeu este domingo ante o Lanzarote por 3-1 nun encontro no que o cadro granate non soubo sacar proveito do gol anotado por Charles. Meca igualaría antes do descanso para o cadro canario. Xa na segunda metade, nunha mala segunda parte dos futbolistas granates, o Lanzarote anotaría dous goles máis por mediación que fixeron que o Pontevedra volvese de valeir [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 03 - 2007
[17/03/2007]/O Pontevedra CF ten este domingo outra proba de fogo esta fin de semana. Será a primeira dunha serie de tres que marcará o futuro do cadro granate, tanto na liga como na Copa Federación.
Toca pensar partido a partido e o primeiro que hai que afrontar é o deste domingo ante o Lanzarote na Cidade Deportiva de Arrecife. Volve o céspede sintético e o forte vento, pero is [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 03 - 2007
[16/03/2007]/Dezaseis xogadores forman a expedición que a primeira hora deste sábado emprenderá viaxe cara Lanzarote. Ante as baixas obrigadas de Organista e Baggio por sanción, e de Humberto por lesión, Alberto Argibay só tivo que facer un descarte, o do dianteiro francés Ibrahim Baptiste, para completar a lista de convocados para o encontro deste domingo ante o Lanzarote. Os dezaseis [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:34  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 03 - 2007
[15/03/2007]/Alberto Argibay deberá facer trocos no once para o encontro que o Pontevedra CF disputará este domingo ante o Lanzarote. O técnico granate non poderá contar por sanción con Baggio e Organista, e deberá buscarlles un recambio para o centro da zaga e o mediocentro.
Os homes que entran nas quinielas para cubrir o posto de Baggio na defensa son Luciano e Dumast. Parece q [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/03/2007]/O comité de competición confirmou o encontro de sanción que deberán cumprir na vindeira xornada tanto Baggio como Organista. Tanto o central brasileño como o mediocentro luso recibiron ante o Racing B a súa quinta tarxeta amarela, o que fai que se perdan o partido deste domingo ante o Lanzarote por acumulación de amonestacións.
Polo mesmo motivo, Paco Gutierrez, técn [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/03/2007]/Finalmente Sergio Organista non irá convocado coa Seleccion Sub-21 de Portugal. O Pontevedra CF negouse a que o mediocentro portugués se perda dous encontros decisivos como son o de semifinais da Copa Federacion ante o Ontinyent e o de liga ante o Universidade, para dipustar dous amigables co combinado luso.
Asi llo fixo saber o clube a Jose Couceiro, seleccionador d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 03 - 2007
[14/03/2007]/O presidente do Pontevedra CF, Nino Mirón, achegouse esta tarde ata Principe Felipe para reunirse coa plantilla e o adestrador, por unha duración de pouco máis de dúas horas e media.
A pesar de que nun principio estaba programada unha sesión de adestramento, finalmente esta quedou suspendida debido á reunión que se levou a cabo no vestiario.
O presidente afirmo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/03/2007]/Xa están en Pontevedra o resto de futbolistas que onte aínda disfrutaban do día de descanso que lles concedera o clube e que non se presentaran á sesión de traballo voluntaria programada para onte.
Este mércores, todo o plantel afronta unha dobre sesión de adestramento para preparar o partido do domingo en Lanzarote.
Alberto Argibay ten algunha baixa para enfro [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/03/2007]/Confirmouse que o Pontevedra poderá regresar o mesmo domingo do desplazamento a Lanzarote. Nada máis rematar o encontro, a expedición granate iniciará a viaxe de regreso, tendo prevista a chegada ao aeroporto de Peinador ás 21 horas.
A saída cara o arquipélago canario será ás seis e media da madrugada do sábado dende Pasarón. O voo que lles levará dende o aeródromo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
13 - 03 - 2007
[13/03/2007]/O plantel de xogadores volveu en parte ao traballo, pois foron varias as ausencias na sesión voluntaria prevista para este martes no Principe Felipe. Os futbolistas que se personaron no adestramento foron Revuelta, Luciano, Dumast, Azparren, Fran Rico, Baptiste, Manu Rodriguez, Fran Castaño, Kelvin, Hugo e Tiago Belmonte, asi como Asier Ormazabal e Humberto, que entrenaron [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/03/2007]/Despois de que se rumorease que o técnico do Pontevedra, Alberto Argibay, tíña as horas contadas no banco, a victoria en Santander ante o Racing B parece que frenou a decisión de Nino Mirón de cesar ao adestrador pontevedrés, que estará, alomenos, unha semana máis á fronte do equipo.
De feito, Argibay está en Pontevedra e dirixirá o adestramento voluntario que está p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/03/2007]/Sergio Organista será baixa para os tres vindeiros encontros que disputará o Pontevedra CF: o mediocentro luso perderáse o partido do domingo ante o Lanzarote por sanción, mentras que non poderá xogar o encontro de volta da Copa Federación nin o encontro de liga ante o Universidade xa que estará concentrado coa Selección Sub-21 de Portugal, coa que disputará dous partidos [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:14  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
12 - 03 - 2007
[12/03/2007]/A pesar de acadar os tres puntos ante o Racing B, eran moitas as opinións que dician que Argibay tiña as horas contadas como adestrador do Pontevedra CF. O técnico granate non emprendeu a viaxe de volta co equipo cara a cidade de lérez e nun principio non volverá ata o martes, día no que o equipo volverá ao traballo de xeito voluntario.
No día de onte, saíu á luz que [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[11/03/2007]/Un gol de Yuri trala reanudación fixo que o Pontevedra CF lograse tres importantes puntos na súa visita a Santander. O cadro granate foi o que levou máis o peso do encontro e o que tivo oportunidades máis clara no encontro ante o Racing B. Na primeira metade, Victor puido adiantar aos pontevedreses na ocasión máis clara do primeiro tempo, pero o arxentino mandou o balón al [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
09 - 03 - 2007
[09/03/2007]/Alberto Argibay e os seus futbolistas seguen preparando a visita do domingo a Santander. Os futbolistas granates están citados para as 16.30 horas desta tarde para levar a cabo unha sesión de adestramento na Cidade Infantil do Príncipe Felipe.
Para o encontro ante o Racing de Santander B, Argibay non poderá contar nin con Charles por sanción nin con Humberto, que se [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/03/2007]/A expedición do Pontevedra CF emprenderá a viaxe cara Santander a primeira hora da mañá do sábado. Está previsto que o bus que leve á primeira plantilla parta sobre as 9 horas dende as inmediacións de Pasarón. Pola tarde, ás 18 horas está programada unha sesión de adestramento en La Albericia, lugar onde adestra habitualmente o primeiro equipo do Racing de Santander. Argib [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/03/2007]/O Pontevedra CF estará arropado por máis de medio centenar de siareiros no encontro que o cadro granate xogará o domingo ante o Racing de Santander B no Fernando Astobiza, a partir das 12 horas.
A falta de que se peche hoxe o prazo para reservar unha praza na viaxe que organiza a Federación de Peñas, un total de 45 personas xa teñen garantida a súa presencia no parti [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
08 - 03 - 2007
[08/03/2007]/O Pontevedra CF derrotou por 3-2 ao Ontinyent no encontro de ida das semifinais da Copa Federación. O cadro granate adiantouse por mediacion de Charles, que no minuto 7 remataba coa testa un centro medido de Yuri dende a esquerda. Antes do descanso, Noel acadaría o empate tras rematar coa testa un balón colgado sobre o área ao bote dunha falta lonxana. Nos segundos 45 minu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
07 - 03 - 2007
[07/03/2007]/O Pontevedra CF disputa este mércores ante o Ontinyent o encontro de ida das semifinais da Copa Federación (20 horas en Pasarón). O cadro granate, que depositou moitas ilusións neste torneo, agarda acadar un bo resultado que lle permita afrontar con garantías o encontro de volta en terras levantinas. Alberto Argibay, que convocou para a cita a todo o plantel a excepción de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[07/03/2007]/O Racing de Santander B, próximo rival do Pontevedra CF na Liga, afronta tamén este mércores a ida das semifinais da Copa Federación. O filial santanderino recibe no Fernando Astobiza de Sarón (mesmo escenario no que recibirá ao cadro granate o domingo ás 12 horas) ao Mallorca B. O encontro entre cántabros e baleares dará comezo ás 16.45 horas da tarde.
O equipo que [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
06 - 03 - 2007
[06/03/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF adestrarán esta tarde no Príncipe Felipe a partir das 16 horas para preparar o encontro de ida das semifinais ante o Ontinyent, partido que se disputará este mércores a partir das 20 horas no Estadio de Pasarón.
Alberto Argibay, que non poderá contar con Mikel Azparren por sanción, dará esta tarde as últimas indicacións aos seus xogadore [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[06/03/2007]/Antonio Aparicio, técnico do Ontinyent, viaxará cos xustos a Pontevedra para disputar a ida das semifinais da Copa Federación. O adestrador do cadro levantino incluíu na lista a 16 futbolistas: Jorge, Jesus, Amador, Luis Lopez, Galindo, Ximo, Campos, Fuentes, Israel, Inarejos, Gaby, Valentin, Cervera, Victor, Montava e Alberto.
Debido a que no plantel hai xogadores [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
05 - 03 - 2007
[05/03/2007]/Tralo encontro de onte ante o Celta B, os xogadores do Pontevedra CF tiveron hoxe sesión de recuperación. O plantel granate ten que afrontar este mércores a ida das semifinais da Copa Federación ante o Ontinyent, partido que comezarán a preparar este martes.
En canto ao vindeiro compromiso ligueiro, o Pontevedra CF desprazaráse ata Sarón o vindeiro domingo para xogar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
04 - 03 - 2007
[04/03/2007]/Pontevedra CF e Celta B empataron sen goles no encontro que disputaron este domingo en Pasarón, e que tivo como protagonista lamentable ao colexiado do encontro, David Becerril Gómez. A igualdada foi a tónica dominante na primeira metada, na que o filial celeste desaproveitou unha pena máxima. Nico Bonis detívolle o lanzamento dende os once metros a Richi. O Pontevedra, po [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
03 - 03 - 2007
[03/03/2007]/O Pontevedra CF afronta este domingo un interesante e importante encontro ante o Celta B no que non se pode permitir un tropezo se quere continuar mantendo as vantaxes cos seus perseguidores e optando ao liderato. O cadro granate, que xa deixou atrás o mes de febreiro (mes que se lle da mal), quere volver á senda da victoria ante un rival que se lle da ben pero que unha ve [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
02 - 03 - 2007
[02/03/2007]/Agás contratempo de última hora, Alberto Argibay poderá contar con Charles e con Victor Ormazábal para o encontro do domingo diante do Celta B. Tanto o mediapunta brasileño como o centrocampista arxentino arrastran molestias no nocello que lle impediran traballar con normalidade ao longo da semana. Ámbolos dous futbolistas xa están restablecidos desas molestias e estarán a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[02/03/2007]/O Pontevedra traballa para o futuro. O adestrador granate, Alberto Argibay, regresou onte de Brasil e confirmou que o seu desprazamento produciuse para intentar pechar acordos deportivos con entidades de ultramar que permitan o fluxo de futbolistas. Un dos clubes cos que negociou o preparador pontevedrés, segundo informou a Radio Galega, foi o Cruceiro de Belo Horizonte. P [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:14  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
01 - 03 - 2007
[01/03/2007]/Pontevedra CF e Celta B seguen coas sesións de adestramento preparativas para o encontro do domingo en Pasarón. No bando granate, Alberto Argibay, que ten previsto regresar hoxe do Brasil, recupera a Rubén Reyes mentras que mantén a dúbida de Charles. O mediapunta brasileño traballou á marxe do grupo onte mércores e nun principio, hoxe volverá a facer carreira continua. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[01/03/2007]/Igor volve a atoparse este domingo co Celta B, o equipo que lle viu debutar en Pasarón cun ‘hat trick’ imborrable para a hinchada pontevedresa. Na memoria do fiel granate sempre permanecerá aquela tarde-noite na que o irmán maior de Yuri e o curmán de Charles acabou saíndo pola porta grande. ¡Igor, Igor, Igor! Repertorio para soñar.
O calendario volve a deparar outro [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 16:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar