26 - 04 - 2007
[26/04/2007]/Os xogadores do Pontevedra volverán esta tarde aos adestramentos para seguir preparando o encontro do domingo ante o Sanse. Javi Gracia deberá facer modificacións no equipo inicial tras confirmarse o encontro de sanción a Fran Rico por acumulación de amonestacións. Para suplir a baixa do canteirán, Victor Ormazábal presúmese como o seu sustituto no centro do campo. Agás sorpresa, esta será a única novidade no once con respecto á xornada pasada. O resto do equipo será o mesmo.

As sancións merman ao Sanse.- Oscar Garro, técnico do Sanse, deberá facer varios trocos no once. O adestrador do cadro madrileño ten varias baixas para recibir ao Pontevedra este domingo. Iñigo López (expulsado a pasada xornada ante o Celta B por dobre amarela), e Nevado, Jusué e Iván García por acumulación de amonestacións, non poderán ser da partida este domingo.
Nova engadida por JBA @ 15:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións