[28/04/2007]/O Pontevedra CF podería encaramarse este domingo ao máis alto da clasificación se é quen de sacar algo positivo do seu enfrontamento ante o Sanse. O tropezo do Raio Vallecano na casa ante o Celta B (0-3) fai que o cadro granate teña a tiro de pedra o liderato.
Coa posibilidade de poder deixar sentenciada a súa participación nas eliminatorias de ascenso, os de Javi Gracia afronta o encontro ante os madrileños con moitas gañas por seguir co bo momento que atravesa o equipo nas últimas semanas. Os futbolistas pontevedreses son conscentes de que se son capaces de continuar sen recibir un gol este domingo, terán moito terreo ganado para facerse cos tres puntos.
Para este encontro, Gracia non poderá contar con Fran Rico por sanción, polo que deberá modificar o equipo no centro do campo. Se cumpre o ensaiado nos adestramentos, o mediocentro o formaran Organista e Victor Ormazábal. Este presúmese como a única novidade no once, xa que o máis seguro é que o técnico navarro manteña inalterable o resto da formación inicial.
No Sanse, Oscar Garro ten máis problemas co seu homólogo granate. As sancións mermaron sensiblemente aos madrileños, que para recibir ao Pontevedra non poderán contar con catro teóricos titulares. Nin os defensas Jusué e Iñigo López, nin os centrocampistas Nevado e Iván García poderán xogar este domingo. Polo tanto, todo fai indicar que o técnico sansero seguirá botando mán da canteira, tal e como fixo en varias ocasións nas derraderias xornadas. A pesar de todo, Garro non quere excusas e agarda que o seu equipo poida facer un bo partido e conseguir algún punto para seguir loitando por facerse con algún dos postos que dan dereito a xogar a tempada que ven a Copa do Rei.
O Sanse-Pontevedra xogaráse este domingo na Nueva Matapiñonera a partir das 12 horas e será dirixido polo colexiado catalán David Tomás Bauló.