[29/04/2007]/O Pontevedra CF non aproveitou a oportunidade de poder colocarse lider na táboa clasificatoria xa que perdeu este domingo ante o Sanse por 2-1 na Nueva Matapiñonera.
O cadro sansero adiantouse por medio de Gonzalo Rico, que aproveitaba un erro na saída de Bonis, desfacíase del e marcaba a placer. O empate chegaría pouco despois, cando Yuri anotaba unha pena máxima que lle fixeran a Igor.
Na segunda metada, o cadro granate non ofreceu unha boa imaxe e viuse superado polo Sanse, que poñería o 2-1 definitivo tras un tanto de Redondo, que recibía un pase en profundidade e anotaba de tiro axustado e potente.
Con esta derrota, os granates seguen de segundos e cun punto menos co líder, o Raio, que a vindeira semana visita Pasarón.
Javi Gracia: «Este equipo no ha sido el que todos conocemos»