30 - 04 - 2007
[30/04/2007]/O vindeiro rival do Pontevedra CF en Liga, o Raio Vallecano, chegou a un acordo co dianteiro do Hércules Piti, para reforzar ao cadro de Pepe Mel de cara a recta final de liga e ao play off de ascenso. Despois da grave lesión sufrida por Mauri, que estará seis meses de baixa, o cadro vallecano buscaba unha fichaxe para reforzar o ataque. En primeiro lugar, o clube que preside Teresa Rivero entablou negociacións con Pachón, pero cando todo parecía que sería él a fichaxe, as negoaciacións racháronse e non se chegou a un acordo.
Finalmente, o home que chegue á disciplina vallecana será Piti, que xogará en calidad de cedido e xa podería entrar na convocatoria para o encontro ante o Pontevedra en Pasarón.
Nova engadida por Desconocido @ 15:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións