[30/04/2007]/Non serviu para que o Pontevedra arañase algún punto ante o Sanse, pero a nota positiva do encontro ante os madrileños foi o record de imbatibilidade que conseguiu Bonis, que logrou manter a porta a cero nos 18 primeiros minutos de partido, tempo que necesitaba para poder superar o record de Ituarte.
O primeiro gol que recibiu o arqueiro galo chegou no minuto 25 de partido tras unha saída do propio Bonis nun mán a mán con Gonzalo Rico, no que non estivo moi acertado na decisión tomada. Ao remate do encontro, Bonis mostrábase feliz por poder pasar á historia granate, pero triste á vez xa que o seu obxectivo era seguir aumentando eses rexistros para seguir axudando ao equipo neste final de tempada.