[30/04/2007]/O Pontevedra CF confirmou que enviará as alegacións para recurrir o acta de David Tomás Bauló, que foi o encargado de dirixir o encontro entre os granates e o Sanse.
O motivo das alegacións non son outras que os erros que cometeu o colexiado catalán á hora de redactar a mesma, trabucándose no momento de repartir as amonestacións no conxunto granate. E é que Tomás Bauló asignoulle o cartón amarelo que tiña que ver Asier Ormazábal ao central Baggio na primeira metade, mentras que no segundo tempo, volveu a facer o mesmo, amonestando a Filipe Machado cando o que cometera a falta fora Vázquez. O máis normal é que o Comité de Competición rectifique. No caso de Filipe Machado, sería a quinta amonestación polo que se perdería o partido ante o Raio, aínda que o lateral esquerdo agarda que se arranxe todo e que finalmente poida xogar ante o Raio Vallecano.