30 - 04 - 2007
[30/04/2007]/O Pontevedra CF confirmou que enviará as alegacións para recurrir o acta de David Tomás Bauló, que foi o encargado de dirixir o encontro entre os granates e o Sanse.
O motivo das alegacións non son outras que os erros que cometeu o colexiado catalán á hora de redactar a mesma, trabucándose no momento de repartir as amonestacións no conxunto granate. E é que Tomás Bau [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/04/2007]/Non serviu para que o Pontevedra arañase algún punto ante o Sanse, pero a nota positiva do encontro ante os madrileños foi o record de imbatibilidade que conseguiu Bonis, que logrou manter a porta a cero nos 18 primeiros minutos de partido, tempo que necesitaba para poder superar o record de Ituarte.
O primeiro gol que recibiu o arqueiro galo chegou no minuto 25 de p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/04/2007]/O vindeiro rival do Pontevedra CF en Liga, o Raio Vallecano, chegou a un acordo co dianteiro do Hércules Piti, para reforzar ao cadro de Pepe Mel de cara a recta final de liga e ao play off de ascenso. Despois da grave lesión sufrida por Mauri, que estará seis meses de baixa, o cadro vallecano buscaba unha fichaxe para reforzar o ataque. En primeiro lugar, o clube que pres [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 04 - 2007
[29/04/2007]/O Pontevedra CF non aproveitou a oportunidade de poder colocarse lider na táboa clasificatoria xa que perdeu este domingo ante o Sanse por 2-1 na Nueva Matapiñonera.
O cadro sansero adiantouse por medio de Gonzalo Rico, que aproveitaba un erro na saída de Bonis, desfacíase del e marcaba a placer. O empate chegaría pouco despois, cando Yuri anotaba unha pena máxima qu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 23:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 04 - 2007
[28/04/2007]/O Pontevedra CF podería encaramarse este domingo ao máis alto da clasificación se é quen de sacar algo positivo do seu enfrontamento ante o Sanse. O tropezo do Raio Vallecano na casa ante o Celta B (0-3) fai que o cadro granate teña a tiro de pedra o liderato.
Coa posibilidade de poder deixar sentenciada a súa participación nas eliminatorias de ascenso, os de Javi G [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/04/2007]/Coa chegada de Javi Gracia os números do Pontevedra CF melloraron sensiblemente. Co técnico navarro no banco o cadro granate non recibiu ningún gol. Nin rivais directos como o Universidade e o Puertollano, nin equipos da zona media baixa como o Ourense, a Ximnástica e o Alcorcón, foron quen de batir a Bonis, que tras máis de cinco encontros sen recibir un gol, podería mell [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 04 - 2007
[27/04/2007]/Os futbolistas do Pontevedra CF traballaron esta mañá sobre o céspede do Príncipe Felipe para seguir preparando o partido do domingo ante o Sanse.
Javi Gracia parece ter decidido o once, cunha única novidade con respecto á semana pasada. Coa baixa de Fran Rico por sanción, o mediocentro estará formado por Victor Ormazábal e Organista. Tralo adestramento desta mañá Gr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/04/2007]/O adestrador do Sanse, Oscar Garro, repasou cos compañeios de "La Voz de Galicia" a actualidade do partido que disputará o seu equipo ante o Pontevedra este domingo. O técnico do cadro madrileño pensa que o rival que terá enfronte o seu equipo é dunha categoría superior e agarda que as baixas coas que afronta este encontro non lle pasen factura:
LVDG.-¿Qué partido es [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/04/2007]/O Pontevedra CF volverá esta fin de semana a terras madrileñas coa intención de mellorar os números que coseitou nas cinco ocasións que visitou a equipos da comunidade. Cun balance dunha victoria (pola mínima ante o Leganés), un empate ante o Alcorcón e tres derrotas pola mínima (ante o Raio, o Fuenlabrada e o Atl.Madrid B), o "novo" Pontevedra de Javi Gracia tentará cambi [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 04 - 2007
[26/04/2007]/Os xogadores do Pontevedra volverán esta tarde aos adestramentos para seguir preparando o encontro do domingo ante o Sanse. Javi Gracia deberá facer modificacións no equipo inicial tras confirmarse o encontro de sanción a Fran Rico por acumulación de amonestacións. Para suplir a baixa do canteirán, Victor Ormazábal presúmese como o seu sustituto no centro do campo. Agás so [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/04/2007]/Sanse e Pontevedra non só teñen en común que coincidirán este domingo no Estadio da Nueva Matapiñonera, senón que os dous equipos miran de reollo a dúas citas claves que agardan dende fai tempo.
No Pontevedra xa ven de preto o 6 de Maio, día no que terá que visitar Pasarón o Raio Vallecano. Hai un dobre motivo polo que esperan con impaciencia este encontro ante os fr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/04/2007]/O colexiado catalán David Tomás Bauló foi o arbitro designado para dirixir o encontro que disputarán o Sanse e o Pontevedra este domingo.
Será a primeira ocasión que este colexiado pite un partido ao cadro granate.
O balance dos 12 partidos que dirixiu Tomás Bauló nesta tempada é de 6 victorias locais, 3 empates e outras tantas victorias visitantes. Será o terc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 04 - 2007
[25/04/2007]/Os futbolistas do primeiro plantel do Pontevedra CF voltaron este mércores aos adestramentos en dobre sesión, nas instalacións do Príncipe Felipe. Tras dous días de descanso, os xogadores granates comezaron a preparar o encontro do domingo ante o Sanse coa intención de seguir a boa traxectoria que leva o equipo nas últimas xornadas.
A principal novidade foi o pequeno [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/04/2007]/Chegan boas novas para o Pontevedra e o Teucro. Segundo apuntan dende ámbalas dúas entidades, existe moito interese entre as dúas afeccións para presenciar os encontros dos seus equipos a fin de semana en terras madrileñas. Con respecto á viaxe que se organiza para presenciar os dous encontros, xa está confirmado que está cheo un autobus e que se confía en poder encher out [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 04 - 2007
[24/04/2007]/O Pontevedra CF xogará o vindeiro martes 1 de Maio un encontro amigable no Multiusos de San Lázaro contra a SD Compostela, coa fin de recadar fondos e axudar ao cadro santiagués de cara a un posible ascenso do cadro compostelán á Terceira División.
Amais deste encontro, Xose María Caneda, presidente do Compostela, confirmou que tamén ten xa a palabra doutros conxunto [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/04/2007]/O bo momento que atravesa o Pontevedra CF non pasa desapercibido para a súa afección, que prepara unha viaxe para presenciar o encontro que disputará o cadro granate o domingo ante o Sanse.
Aproveitando que o sábado a SD Teucro tamén ten un importante encontro, ámbolos dous clubes preparan unha viaxe conxunta para que os que o desexen poidan presenciar o partido de b [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/04/2007]/O cerrollo de Wisenbourg supérase a si mesmo. O domingo bateu a súa marca persoal de tempo sen sufrir unha diana. Leva 476 minutos, un máis dos que acumulou no mes de outubro, cando aguantou catro enfrontamentos sen ser obxecto de gol, 40 minutos doutro e 75 dun sexto duelo, para un total de 475. Pero, o que é máis significativo, o galo está máis preto ca nunca da plusmarc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 04 - 2007
[23/04/2007]/Tras un calendario un tanto apretado que o Pontevedra CF solventou de xeito extraordinario, coa consecución da Copa Federación e a case certificación do pase ás eliminatorias de ascenso, os futbolistas granates disfrutarán de dous días de descanso merecido.
Será o mércores cando regresen ao traballo para comezar a preparar o partido do domingo no Estadio Nueva Matapi [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/04/2007]/Co ascenso do Valladolid á Primeira División o Pontevedra CF tamén sae gañando. Coa venta de Capdevila ao cadro pucelano fai dous anos, o cadro granate reservouse unha clausula pola que os blanquivioletas tiñan que abonar unha cantidade que ronda os 70.000 e os 75.000 Euros se lograba o ascenso á máxima categoría.
Este pasado domingo o Valladolid lograba dar o salto [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:40  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 04 - 2007
[22/04/2007]/Día de festa o vivido este domingo no Municipal de Pasarón, no que o Pontevedra ofreceu a Copa Federación nos prolegómenos do encontro e no que despois deu un bonito espectáculo e unha victoria por tres goles a cero. Adiantaríase o cadro granate cun tanto de Fran Rico, que recollía o rexeito dun disparo de Rubén Reyes dentro do área e superaba cun disparo raso aos defensor [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 04 - 2007
[21/04/2007]/O Pontevedra recibe este domingo en Pasarón ao Alcorcón coa clara intención de conseguir a primeira victoria en Liga da era Gracia en Pasarón. Tras conseguir a Copa Federación esta semana, agora os granates queren centrarse única e exclusivamente na competición ligueira e en chegar nas melloras condicións ás eliminatorias de ascenso.
O Alcorcón será o primeiro de cat [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:40  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/04/2007]/O Pontevedra CF levou a cabo este sábado pola mañá o derradeiro adestramento da semana previo ao encontro que disputará este domingo ante o Alcorcón en Pasarón. Os futbolistas granates ultimaron a preparación do partido ante os madrileños no mesmo escenario do choque. Ao final Gracia facilitou a lista de convocados na que finalmente entrou Sergio Organista; o portugués, qu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 04 - 2007
[20/04/2007]/Os futbolistas do Pontevedra CF adestrou este venres pola tarde para seguir preparando o encontro do domingo ante o Alcorcón. A principal novidade na sesión de traballo que levou a cabo o plante granate sobre o céspede do Príncipe Felipe foi a ausencia de Sergio Organista. O mediocentro portugués regresou de Mallorca con problemas musculares que lle impediron traballar xun [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/04/2007]/Rematada xa a Copa Federación con final feliz, o plantel do Pontevedra C.F. xa se centra única e exclusivamente en rematar a liga no máis alto posible. A falta de seis xornadas, os granates aspiran a todo e este domingo, ante o Alcorcón, será unha nova oportunidade para seguir optando a quedar campión de grupo.
Os futbolistas que dirixe Javi Gracia xa pensan e prepar [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 04 - 2007
[19/04/2007]/Sen tempo para disfrutar da consecución da Copa Federación, os xogadores do Pontevedra CF volverán este xoves pola tarde aos adestramentos en Pasarón. Pola mañá, a expedición granate emprendeu a viaxe de volta de terras baleares e terá o tempo xusto para poder almorzar nas súas casas e prepararse para a sesión de traballo deste serán, que será de recuperación para os que x [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/04/2007]/O vindeiro rival dos granates, o Alcorcón, chegará este domingo a Pasarón con baixas importantes por sanción e lesión. O técnico do cadro madrileño, o ex granate Raúl González, non poderá contar cos defensas Javi Barral e David Fariña, que están lesionados, nin co mediocentro Melgar, que deberá cumprir un partido de sanción por acumulación de amonestacións.
Deste xei [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 04 - 2007
[18/04/2007]/O Pontevedra CF logrou denfender a vantaxe de 4-1 conseguida na ida e convertiuse en campión de Copa Federación a pesar de perder pola mínima ante o Mallorca B. O gol de Toni Muñoz aos nove minutos non foi dabondo para que os bermellóns lograsen darlle a volta á eliminatoria. Deste xeito, os granates logran o seu primeiro titulo oficial, que llo ofrecerán a súa afección o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:33  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/04/2007]/O Pontevedra CF pode escribir este mércores outra páxina da súa historia. Para iso, deberá defender o 4-1 conseguido no encontro de ida ante o Mallorca B e así proclamarse campión da Copa Federación.
Pintan ben as cousas para os granates trala vantaxe acadada fai unha semana en Pasarón, pero deberán rematar a faena no Luis Sitjar para coronarse como novo campión do t [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/04/2007]/A pesar da ampla renta coa que viaxa a terras baleares, o técnico do Pontevedra CF non se fía do rival. Javi Gracia dálle moita importancia aos primeiros minutos do encontro deste mércores ante o Mallorca B e cre que serán claves no desenlace do partido. O navarro sabe que aguantar os primeiros lances do encontro será algo fundamental para que o cadro granate poida alzarse [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 04 - 2007
[17/04/2007]/Todo o plantel do Pontevedra CF se desprazará ata Mallorca o vindeiro mércores con motivo da disputa do encontro de volta da final da Copa Federación. Así o decidiu o clube, que reservou billetes para tódolos compoñentes da plantilla granate, que partirá o mesmo día do partido ata as Baleares vía Barcelona.
O Pontevedra terá que defender o 4-1 acadado na ida ante o M [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:07  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 04 - 2007
[16/04/2007]/Luns e día de recuperación para o plantel de xogadores do Pontevedra, que esta tarde levaron a cabo unha suave sesión de traballo sobre o céspede do Principe Felipe. Á finalización de mesmo, tocou fortalecer os músculos; para elo, os futbolistas granates foron tratados con xeo.
O plantel granate pensa agora en poder conquistar o seu primeiro titulo da tempada, a Copa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/04/2007]/O Pontevedra CF venceu este domingo a domicilio á Ximnástica de Torrelavega por 0-2 e deu así outro pasiño máis para clasificarse para o play off de ascenso á Segunda División. O cadro granate completou un encontro moi serio que deixou practicamente sentenciado antes de que se cumprise a media hora de xogo, grazas aos tantos de Igor no minuto 20, ao saque dun córner, e de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 04 - 2007
[14/04/2007]/O Pontevedra CF visita por segunda vez nesta tempada Cantabria, desta vez para medirse á Ximnástica de Torrelavega, coa intención de traer os tres puntos no peto, tal e como fixeran ante o Racing B. Os granates buscarán unha victoria que lles manteña co liderato a tiro e cunha distancia prudencial con respecto aos seus perseguidores. Javi Gracia recupera a Igor de Souza pa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/04/2007]/Os futbolistas do Pontevedra CF realizaron na mañá deste sábado o derradeiro adestramento da semana, previo ao encontro que terán que afrontar este domingo ante a Ximnástica de Torrelavega.
Javi Gracia viaxou con 16 futbolistas ata terras cántabras. A expedición granate a forman Bonis, Saizar, Asier Ormazábal, Baggio, Vázquez, Filipe Machado, Dumast, Organista, Fran [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/04/2007]/Nasser protagonizou a nova triste ao non poder viaxar co resto do plantel ata Torrelavega. O mediocentro francés sufríu un pinchazo no abductor que lle deixou fóra de combate para o partido desta xornada ante a Ximnástica. Nasser será sometido o luns a unhas probas para determinar o alcance da lesión. [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/04/2007]/Unha vez máis, os xogadores granates estarán arropados nun partido a domicilio. Desta vez, será un autobus cheo de afeccionados o que flete a Federación de Peñas e que viaxe ata terras cántabras para apoiar aos pontevedreses no encontro do domingo.
Ademáis, haberá que sumar as ducias de incondicionais que tamén se desprazarán nos seus propios vehículos ata Torrelaveg [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:54  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
13 - 04 - 2007
[13/04/2007]/O Pontevedra CF atópase inmerso na preparación do encontro do domingo ante a Ximnástica de Torrelavega. Os futbolistas tiveron este venres pola mañá sesión de baño e masaxe no centro ONSEN e pola tarde, levarán a cabo un adestramento sobre o céspede do Principe Felipe a partir das 17.30 horas.
Para o encontro desta fin de semana, a principal novidade podería ser a vo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:48  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/04/2007]/Case un mes despois da última victoria na casa, a Ximnástica de Torrelavega queren afrontar as sete finais que restan de liga facéndose forte na casa e tentando arañar algún punto a domicilio. O rival do Pontevedra non se pode permitir máis tropezos no seu estadio se non quere meterse en problemas e facer perigar a súa permanencia na categoría. Só acadou 3 victorias nas de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
12 - 04 - 2007
[12/04/2007]/Tras deixar moi ben encarrilada a final da Copa Federación ante o Mallorca B, o plantel granate volverá a adestrar este xoves para comezar a preparar o encontro do domingo en Torrelavega ante a Ximnástica.
Un partido importante no que o Pontevedra buscará tres puntos que lle afianzen nos catro primeiros postos e que lle permiten seguir de preto ao Raio Vallecano. Jav [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
11 - 04 - 2007
[11/04/2007]/O Pontevedra C.F. goleou por catro goles a un ao Mallorca B e aumentou as probabilidades para facerse campión de xeito considerable. Tras un primeiro tempo moi igualado no que o filial bermellón adiantouse por medio de Oller e os pontevedreses lograron a igualada no 42 por medio de Rubén Reyes, a segunda metade deixounos a un Pontevedra aplastante e moi superior co seu riv [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 23:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[11/04/2007]/O Pontevedra C.F. afronta este mércores a ida da final da Copa Federación. O cadro granate recibe en Pasarón (20.30 horas) ao Mallorca B, equipo que ocupa o segundo posto do Grupo Balear da Terceira División.
Para este partido, Javi Gracia dará a súa confianza a varios xogadores que apenas dispuxeron de minutos dende a chegada do navarro ao banco, como son os casos d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
10 - 04 - 2007
[10/04/2007]/O adestrador do Pontevedra C.F. decidiu darlle descanso a algún titular no encontro que os granates disputarán este mércores ante o Mallorca B, no que se disputa a final da Copa Federación.
O técnico navarro non incluíu na lista de convocados a futbolistas como Asier Ormazábal, Baggio ou Fran Rico, así como Igor de Souza por lesión. Tampouco entraron os canteiráns Ma [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
09 - 04 - 2007
[09/04/2007]/Este mércores o Pontevedra afrontará o partido de ida da final da Copa Federación ante o Mallorca B, encontro que se disputará en Pasarón a partir das 20.30 horas.
O plantel granate traballará este luns pola tarde para comezar a preparar ese partido. Javi Gracia poderá contar con tódolos seus homes agás Igor de Souza, que está lesionado.
O Mallorca B, pola súa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[09/04/2007]/O vindeiro compromiso na liga dos granates xa ten horario confirmado. O encontro correspondente á 32ª xornada de liga que disputarán a Ximnástica de Torrelavega e o Pontevedra CF xogaráse o domingo 15 de abril a partir das 17 horas no Estadio El Malecón.
Para este partido, Javi Gracia terá as baixas de Azparren por sanción (viu ante o Puertollano o seu quinto cartón [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
08 - 04 - 2007
[08/04/2007]/O Pontevedra CF igualou de novo sen goles na casa, nun encontro no que foi superior ao Puertollano pero no que non estivo atinado coa porta rival. O gardamallas visitante Rojas foi un dos mellores do partido, evitando que o seu equipo marchase de valeiro da súa visita a Pasarón. O Pontevedra atopou no arqueiro visitante e na madeira aos seus principais inimigos. En varias [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
07 - 04 - 2007
[07/04/2007]/O Pontevedra CF afronta este domingo outra proba de fogo en Pasarón, xa que recibe a un rival directo pola loita nos postos de play off. O Puertollano, a auténtica revelación da tempada, porá a proba o estado do cadro granate. Dende ámbolos dous bandos apuntan o mesmo e coinciden en que este partido non terá nada que ver co vivido en novembro pasado no Sánchez Menor, no qu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:54  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[07/04/2007]/Javi Gracia ten a única baixa de Igor para o partido deste domingo ante o Puertollano. O técnico navarro poderá botar mán do resto do plpantel, incluído Fran Rico, que a pesar de arrastrar unha sobrecarga que lle impedíu traballar con normalidade nos últimos días, chegará a tempo para poder disputar o domingo ante os manchegos.
Será o adestrador o que teña a última p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
06 - 04 - 2007
[06/04/2007]/A lesión de Igor de Souza obrigará a Javi Gracia a ter que facer modificacións no equipo. O técnico navarro xa traballa co equipo que poñerá en liza ante o Puertollano. Un once no que a maior novidade sería o regreso de Victor Ormazábal. O arxentino volvería a ocupar o interior dereito, desprazando a Charles á punta de ataque, xunto co seu curmán Yuri.
No que respect [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[06/04/2007]/O Puertollano tamén prepara o partido do domingo coa intención de retomar o camiño da victoria e deixar atrás a derrota encaixada ante o Celta B o pasado domingo. De la Nieta ten algunha baixa por sanción como a de Dupi, que tamén está lesionado. Na enfermería tamén está Juli, que afronta a recta final de recuperación da súa lesión.
Xa recuperados e con opcións de re [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[05/04/2007]/O colexiado cántabro será o encargado de dirixir o partido entre o Pontevedra CF e o Puertollano. O trencilla xa dirixiu aos granates nunha ocasión a tempada pasada. Daquela, os pontevedreses enfrontábanse tamén a un rival directo e acabaron con dous homes menos. Foi contra a UD As Palmas, que se levara os tres puntos tras vencer pola mínima en Pasarón. Todo, tras aproveit [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
04 - 04 - 2007
[04/04/2007]/O 1-5 da ida non se esqueze por Puertollano, que o vindeiro domingo visitará Pasarón coa intención de acadar os tres puntos e de demostrar que o acontecido no partido de ida no Sánchez Menor foi un accidente.
O plantel que dirixe De la Nieta chega a este partido tras pinchar na casa ante o cadro da provincia pontevedresa, o Celta B, que venceu en Puertollano por 1-2 [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 18:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
03 - 04 - 2007
[03/04/2007]/Tras levar a cabo este luns unha sesión de recuperación, os xogadores do Pontevedra CF disfrutan este martes dunha xornada de merecido descanso, tras acadar o pasado domingo ante o Ourense unha nova victoria. O plantel volverá o mércores ao traballo en doble sesión, que está previsto que se leve a cabo nas instalacións do Príncipe Felipe, e no que Javi Gracia e os seus xog [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
02 - 04 - 2007
[02/04/2007]/Javi Gracia non poderá contar nas vindeiras xornadas con Igor de Souza. O dianteiro brasileño tivo que retirarse no encontro contra o Ourense en cambadela despois de lesionarse de forma fortuita nunha xogada na que tentaba roubarlle o coiro a Padín.
Este luns foi sometido a unhas probas para coñecer o alcance dunha lesión e cumpríronse os peores pronósticos. Igor ten [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[02/04/2007]/O encontro correspondente á 31ª xornada de liga entre o Pontevedra CF e o Puertollano disputaráse o vindeiro domingo 8 de abril no Estadio Municipal de Pasarón a partir das 18 horas. Será un dos encontros máis destacados da xornada xa que se enfrontan o segundo e o terceiro clasificado, que nestes intres están separados por só dous puntos.
No encontro de ida, o cadro [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
01 - 04 - 2007
[01/04/2007]/O Pontevedra CF venceu de xeito merecido este domingo ao Ourense por 0-2. O cadro granate marchou ao descanso con vantaxe mínima no marcador grazas ao tanto de Rubén Reyes e non sentenciou o partido ata o desconto, cando Yuri recibía un pase en profundidade de Fran Rico e anotaba ante Manu Taranilla.
Unha victoria que xunto coas derrotas do Uni e do Puertollano, deix [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 23:56  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar