02 - 05 - 2007
[02/05/2007]/Os integrantes da primeira plantilla do Pontevedra CF volverán este mércores aos adestramentos tras disfrutar o martes de xornada de descanso. Coa mente posta no importante encontro do domingo ante o Raio Vallecano, no que tanto granates como madrileños loitarán polo liderato, Javi Gracia e os seus futbolistas traballarán sobre o céspede de Príncipe Felipe para comezar a gran cita ligueira.
O técnico navarro terá dispoñible a todo o plantel polo que poderá formar co seu equipo de gala ante o conxunto vallecano.
Nova engadida por JBA @ 0:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións