02 - 05 - 2007
[02/05/2007]/O deste domingo será o terceiro enfrontamento entre o Pontevedra CF e o Raio Vallecano nesta mesma tempada. Un encontro no que os granates tentarán facer bo o dito de "á terceira vai a vencida". E é que non lle foron ben as cousas aos pontevedreses nas dúas ocasións nas que xogaron ante os vallecanos, que se levaron a victoria en ámbolos dous casos. Na primeira ocasión, con motivo da primeira quenda da Copa do Rei, o Raio derrotara por un contundente 4-1 aos pontevedres, nunha mala primeira metade do equipo que por aquel entón dirixía Alberto Argibay. A segunda ocasión foi no partido da primeira volta, na que de novo os vallecanos derrotaban aos granates merced ao tanto anotado por Mauri (ausente este domingo por lesión). A diferencia do primeiro enfrontamento, nesta ocasión o fútbol foi algo inxusto co Pontevedra, que foi merecedor alomenos dun punto.
Agora, co factor campo ao seu favor, con troco de adestrador e co liderato en xogo, o equipo de Javi Gracia buscará rachar as estadísticas, tomarse a revancha ante os madrileños e redimirse do tropezo da semana pasada ante o Sanse.
Nova engadida por JBA @ 1:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións