[03/05/2007]/Se lle acumulan os problemas a Pepe Mel para o encontro do domingo ante o Pontevedra en Pasarón. O técnico do Raio Vallecano, que terá as baixas seguras dos sancionados Diego Mainz e Alvaro Zazo, así como a do lesionado Mauri, está pendente da evolución de varios xogadores que arrastran diferentes molestias. Michel, que se recupera dunha lesión, e Alberto, que sufriu unha escordadura no nocello no adestramento de onte, teñen complicado estar dispoñibles para o encontro ante os granates. Segundo afirmou Pepe Mel, "lo más seguro es que ninguno de ellos pueda jugar; el único que tiene alguna posibilidad es Alberto, pero hoy no entrenó". Polo tanto, presúmense trocos no once inicial do cadro franxivermello.
Ademáis dos xogadores antes citados, Pedro Baquero non puido adestrar onte co resto do grupo por culpa dunha sobrecarga no abductor, aínda que semella que non terá problemas para poder xogar ante o Pontevedra.