03 - 05 - 2007
[03/05/2007]/A plantilla de xogadores do Pontevedra CF segue preparando o importante encontro do domingo ante o Raio Vallecano. Onte mércores o plantel granate traballou en dobre sesión, na que as novidades foron os percances sufridos por algún xogador, como son os casos de Charles e Dumast. O brasileño recibiu un golpe no nocello e tivo que ser atendido polo fisioterapeuta, mentras que o francés recibiu un golpe nunha acción do entreno. Non obstante, ámbolos dous futbolistas se recuperaron e non terán problemas para xogar ante os vallecanos. A plantilla granate, que está a ser sometido a diferentes probas nesta recta final da tempada, volverán a traballar na tarde de hoxe en Príncipe Felipe.
Nova engadida por JBA @ 14:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións