[05/05/2007]/Os xogadores do Raio Vallecano levaron a cabo na mañá deste sábado o derradeiro adestramento da semana, previo ao encontro que disputará este domingo ante o Pontevedra en Pasarón.
O técnico do conxunto vallecano, Pepe Mel, facilitou a lista de convocados, na que finalmente entraron Alberto e Pedro Baquero, que ao longo da semana non puideron traballar con normalidade debido a diferentes molestias.
Mel viaxa cun total de 16 xogadores: Alberto, Javi Muñoz, Alba, Amaya, Llorens, Coke Andujar, Baquero, Enguix, Albiol, Collantes, Benitez, Diego Torres, Jonathan Alvarez, Cubillo, Yuma e Piti, a derradeira fichaxe do equipo que se estrena nunha convocatoria.
Os futbolistas do equipo franxivermello emprenderon trala sesión de traballo a viaxe cara terras galegas.