[05/05/2007]/Pontevedra e Raio Vallecano protagonizarán este domingo en Pasarón un dos mellores duelos que se poden ver na categoría, un partido que se podería repetir o ano que ven na Segunda División, xa que se trata de dous dos favoritos para conseguir o ascenso. Polo momento, o que se xogarán este domingo será a clasificación matemática para disputar o play off e o liderato, que nestes intres está en máns dos madrileños pero que, de gañar, podería pasar a máns dos granates.
Tras tropezar a semana pasada nos seus respectivos encontros, agora Pontevedra e Raio Vallecano buscarán enmendar as derrotas ante o Sanse e o Celta B para certificar dunha vez por todas o seu pase ás eliminatorias de ascenso.
No Pontevedra afrontan o partido coa ilusión de poder colocarse no máis alto da clasificación a falta de poucas xornadas para que finalice o campionato da regularidade. Ser primeiros de grupo permitiríalle poder disfrutar do factor campo no play off, algo que non é indispensable pero sí pode ser fundamental no momento clave da tempada.
Javi Gracia ten a todo o plantel a súa disposición, polo que poderá formar co seu once de gala ante os madrileños. Coñecida xa a lista de convocados, na que quedaron fóra homes como Filipe Machado (que pasará do once titular á grada), o probable once que forme o conxunto granate podería ser o formado por Bonis; Asier Ormazábal, Baggio, Vázquez e Azparren; Charles, Organista, Fran Rico e Rubén Reyes; Igor e Yuri.
Polo Raio Vallecano, Pepe Mel ven con varias baixas. Aos lesionados Mauri e Michel se lle sumaron Zazo e Diego Mainz por sanción. A principal novidade é a presencia da derradeira fichaxe, Piti, que na primeira semana de traballo cos seus novos compañeiros estrenaráse esta fin de semana nunha convocatoria. Con todo, o probable once sufrirá modificacións con respecto ao das últimas semanas. Podería haber troco na porta, debido a que Alberto anda algo renqueante. A oportunidade para Javi Muñoz, o heroe da Copa do Rei, parece que chegará en Pasarón. Na defensa formarían Coke Andujar (que volve tras sanción), Amaya, Pedro Baquero e Llorens; Un dobre pivote formado por Enguix e Albiol; unha líña de tres na mediapunta que completarían Collantes, Jonathan Alvarez e Benitez, con Diego Torres como referencia en ataque.
O Pontevedra-Raio Vallecano se disputará este domingo no Estadio de Pasarón a partir das 19 horas e será dirixido polo colexiado asturiano Pablo González Fuertes.